“Sí que interesan los trenes de cercanías”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

“Los trenes de cercanías interesan, y mucho”, afirmó ayer el concejal de Relacións Institucionais de Pontecesures, Luis Sabariz, tras contabilizar a unas 50 personas utilizando este medio de transporte en la estación de la villa a media tarde. “Subieron al tren sobre las 17 horas en dirección a Vilagarcía más de 20, , estos hechos demuestran que “sería muy injusto y discriminatorio que la llegada de la alta velocidad significase la eliminación del tren convencional de toda esta comarca”, por lo que hace un llamamiento a las autoridades para mantener el servicio.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 09/03/11

Categorías: Sociedade

9 comentarios

mig_27 · 9-03-2011 ás 12:52

Buenos días,
Por desgracia a si nos va, todo por tener en vez de políticos, a aficionados en política, y lo triste es que se ven con capacidad para gestionar y decidir el futuro de los demás con argumentos como este, sinceramente penoso.
Si usted cree que es un argumento a considerar el que usted expone me gustaría, ya que le veo tan documentado, que me indicara el coste real ( no lo que abonan) del viaje de estos usuarios. Yo no soy partidario ni muchos menos de la retirada del servicio, pero, ¿ se da usted cuenta de que estamos en la situación que estamos por mantener servicios deficitarios?
Siento decirle que no hay que ser muy inteligente para ver que esta linea como otras muchas son completamente deficitarias, insostenibles, que nos llevan a la ruina y que por mucho que parezca, el dinero para mantener esto lo tenemos que generar todos nosotros y simplemente no da. Sin duda esta postura no es popular, pero sí realista, lo que debemos aportar ahora es soluciones factibles tanto técnica como económicamente, empezemos a ser SERIOS, y a hablar con fundamento.
Han cogido en una tarde 20 usuarios el tren, vaya, vaya. Decepcionante.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-03-2011 ás 15:23

Non teño interese en abrir aquí o debate sobre servizos deficitarios, “mig_27”. Hai tantos: liñas de autobuses, subvencións para voos nos aeroportos, cercanías en Madríd, Barcelona e outros lugares en materia de transportes, e imnumerables servizos noutras materias).
Curiosamente a liña ferroviaria de media distancia A Coruña-Vigo e das poucas rendibles de todo o Estado e agora coa alta velocidade preténdese eliminarnos un servizo co que contamos dende hai 135 anos.
Precisamente a U.E. non permite subvención públicas para o AVE pero sí para as cercanías. ¿Por que existen estas en moitos lugares de España, subvencionando os déficits, e en Galicia non? ¿Por que se nos discrimina así? ¿Acaso o impresionante financiamento das obras do AVE non sae tamén dos nosos impostos? ¿Acaso Pontecesures, A Escravitude, Padrón, Catoira e Valga, por exemplo non foron fundamentais para garantir a mobilidade entre A Coruña e Vigo perante maís dun século?. Non é xusto, cando se quere ademais potenciar o transporte público, ante a crise do petróleo e ante os problemas medioambientais.

pontecesurex · 9-03-2011 ás 20:54

Pero case sale mais barato poñerlle un taxi a cada un dos viaxeiros jajajaja

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-03-2011 ás 23:11

Ridiculizar así un tema tan importante entristéceme un pouco pero non hai que facerlle. Pola miña parte seguirei insistindo nas ventaxes que ten o ferrocarril e o inxusto que sería que desaparecera de Pontecesures este medio de transporte despois de 135 anos.

Cara de cona · 11-03-2011 ás 19:26

Si si si… o outro día andaba o Saba apuntando cunha libretiña os pasaxeiros do tren………. outro día vironno apartando basura das vias e na estación……… ou repartindo horarios polos bares….. ten merito o que defende…….pero logo parece ser que o probe non ten xente nin para facer lista….e igual home….non vaias que nadie agradece nada…vaite para o catecismo tamén con don arturo…ali aínda dan algún carameliño….de cando en vez….jo…jo…jo….

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-03-2011 ás 22:53

Andas de retranqueiro, “Cara de cona”, como queréndote asemellar ao ferrolán Alfonso Tellado con Buenafuente na televisión, pero non inventes. Eu para facer lista non falei con ninguén.

Becquer II · 12-03-2011 ás 00:12

Tus palabras son las mías
ya tenemos la estación
que le busquen solución
viva el tren de cercanías.

sobreiras · 15-03-2011 ás 00:53

Pois claro que interesa o tren de cercanías, cada día máis. O outro día vindo de Santiago, o tren traia 8 vagóns, repletos de xente coma noutros tempos, a xente de pe nos pasillos. En Pontecesures baixamos 25 persoas e subiron unhas 15. O tren e con diferenza o mellor medio de transporte, cómodo, seguro, non contaminante, rápido, barato. Porque temos que prescindir dun servizo que ten 135 anos, só por beneficiar as grandes cidades co TAV. ¿A quén se lle ocurreu poñer un tren destas características entre a Coruña e Vigo. Ahora posiblemente non haxa cartos para rematar as obras, nin do TAV, nin do AVE, e Galicia será o último da Península, coma sempre. O lóxico sería que fixesen antes de nada un AVE dende Madrid ata calquera cidade galega, posiblemente Ourense, alí iríamos a coller o AVE para calquera punto de España, como vamos os aeroportos. Aforrariamos moitos cartos e xa o teriamos rematado. O que non podemos e ter un AVE a todas as cidades galegas. Fomentar o tren de cercanías e o que se está facendo en todas partes, porque nos temos que quedar sin el. Os tempos non están para que cada cidadán teña o seu coche, eso é moi caro, pagas pola autopista, pagas por aparcar… que pasa que todos somos moi ricos, ou que. En moitas cidades xa se paga por entrar co coche para evitar a contaminación e que entren os menos posible. Pero parece que nos sempre vamos ao revés. ¿Quen foi o xenio que ideou levantar vías en media España para facer sendas verdes. Pois mira que non teremos nos sendas verdes para pasear. O tren e o mellor medio de transporte, tanto de persoas, coma de mercancias. ¡Viva o tren!

Decesures · 2-04-2011 ás 16:22

Paréceme un medio empregado pero como ben afirma o Sr Núnez Feijóo non se podería manter.

Cada día é máis xente a que emprega un medio de transporte particular para non ter que cuadrar os seus horarios.

Tampouco entendo que fai uns días saia a alcaldesa de Pontecesures nunha cadea de televisión falando de que o tren divide o pobo e agora anden coa campaña de “Salvar o tren”.

Non me parece que se deba defender xa que non me parece algo tan imprescindible… Hay unha liña de autobuses que a parte de facer o servizo ao noso pobo faillo a moitos outros pobos que non dispoñen de estación de tren.

Deixa una resposta a Decesures Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.