ESTE XOVES 7 DE ABRIL, PRESENTACI?N DA FESTA DA LAMPREA DE PONTECESURES, EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.4 FM

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. o

Coma é habitual todolos anos, este xoves 7 de abril, sobre as 22h., no programa festeiro “Palco de Estrelas”, dirixido e presentado por Daniel Seijas Llerena, que se emite en Radio Valga 107.4 FM, estarán presentes en directo nos estudios a alcaldesa de Pontecesures, Dona Maria Isabel Castro Barreiro e o 2º tenente alcalde e concelleiro de relacións institucionais, Don Luis Sabariz Rolán, para falar da festa da Lamprea, que terá lugar en Pontecesures os días 9 e 10 de abril.
Ademais coma sempre, sonara a mellor musica das orquestras galegas,canarias,bandas de música e artistas e formacións iberoamericanas.Haberá concursos, chamadas e adicatorias en directo, e moito máis ata as tantas da madrugada…dende as 19h ata as 4 ou 5 da mañá.
Palco de Estrelas é o programa decano das orquestras de Galicia,e este xoves fará o programa número 304,que se emite todalas semanas, sen ningún tipo de interrupción, dende xullo do 2005.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.