Rematou a actuación destes días nos semáforos de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Levaban tempo os semáforos da N-550 ao seu paso por Pontecesures coas lentes gastadas e decoloridas, que incluso creaban problemas de seguridade. Nesta semana substituise este material, colocando novas lentes mellorando moito a percepción dos sinais por parte de automovilistas e péons.
A intención do goberno local era colocar luminarias de leds como aconsellou a Policía Local, para reducir o custo de mantemento e contribuir ao aforro enerxético, cun orzamento de preto de 6.000 euros, pero decideuse esperar á inminente convocatoria de axudas por parte do INEGA para solicitar unha achega do 75% do importe deste investimento.
Por outra bande, hai que dicir que foi arranxado tamén o semáforo peonil da praza de Pontevedra que resultara danado por un alustro hai uns días. Este semáforo é fundamental para o paso de peóns na praza e o seu arranxo era unha necesidade fundamental.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.