BALONCESTO: 3 PARTIDOS IMPORTANTES NESTA FIN DE SEMAN.
Empezamos co equipo xunior masculino. Mañá sábado as 12 da mañá xoga no pavillón de Fontecarmoa 2 a Final de Copa Arousana, contra o BBC de Vilagarcia. O horario deste partido está previsto para as 12 do mediodia. Ambos equipos xa se enfrentaron 2 veces na liga, e inda que a victoria foi en ambos casos para o BBC, nos 2 partidos foron resultados igualados e que se decidiron nos minutos finais.
Os senior, xa pola tarde de mañá sábado xogan en Pontecesures, ás 19 h. por un posto na final de copa arousana. O rival curiosamente tamén é o BBC senior, e no partido de ida de semifinais só gañaron os vilagarciáns por 1 punto, polo que de gañar por 2 ou mais, o noso equipo xogaria a vindeira semán a final desta copa arousana. Esperase un gran ambiente no pavillón de Pontecesures.
E o domingo pola tarde, a GRAN FINAL DE COPA INFANTIL FEMININA, xogando a partir das 18 h. o partido de ida na cancha do colexio Compañia de María de A Coruña. Xa temos un bus cheo para acompañar a estas nenas na sua viaxe, e imos camiño de encher un 2º bus. Inda se esta a tempo de pasar esta tarde a reservar sitio ó pavillón de Pontecesures. De todolos xeitos, traendo un bo resultado da Coruña, a final galega resolveríase en Pontecesures a vindeira fin de semán. Pase o que pase estas nenas xa forman parte da Hª do deporte cesureño, pois non e doado ser dos mellores equipos de baloncesto de Galicia. E elas e a sua adestradora Noelia o lograron. E van pelexar por que a copa quede en Pontecesures o vindeiro sábado.
0 comentarios