Álvarez Angueira elixido alcalde de Pontecesures.
Tanto o salón de sesións como o balcón do primeiro andar da Casa do Concello de Pontecesures se atopaban hoxe ás 10 da mañá ateigados de público (a maior parte foron integrantes das listas, afiliados, familiares e simpatizantes), para presenciar a sesión constitutiva da corporación cesureña.
A mesa de idade foi constituída por Mª Isabel Castro Barreiro e Cecilia Tarela Barreiro, que comprobou as credenciais dos once membros da corporación e tomoulle xuramento ou promesa do cargo.
Unha vez que ocuparon os seus asentos o concelleiros elixidos o 22 de maio pasado, a alcaldesa en funcións, pronunciou unhas verbas de despedida agradecendo o labor do persoal municipal, pedindo perdón polos erros cometidos e desexando que os novos gobernantes contínúen as actuacións que se están levando en diversas zonas. As verbas foron recibidas con aplausos.
De seguido pasouse á votación. Presentáronse para o cargo de alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG) e Juan Manuel Vidal Seage (PP), tras renunciar expresamente os outros cabezas de lista (Maribel Castro, Ángel Souto, Roque Araújo e Luis Sabariz).
O cabeza de lista do BNG obtivo seis votos (os 4 do seu grupo, o do representante do PSOE e o de TeGa). Con aplausos e vítores foi recibido o resultado desta votación que convertía a Manuel Luis Álvarez Angueira en alcalde de Pontecesures. Posteriormente o candidato popular obtivo 5 votos (os dos do seu grupo, os dous de IP e o da ACP).
Prometeu o cargo o alcalde nacionalista, e recibiu o bastón de mando da anterior alcaldesa. Álvarez Angueira pronunciou tamén unhas verbas indicando que o grupo de goberno formado ía comezar a traballar de seguido pola vila e polos veciños e acto seguido levantou a sesión.
Sen dúbida hai que salientar a ausencia de incidentes.
5 comentarios
conchita lirio · 11-06-2011 a las 18:07
A ver se por fin o pobo comeza a levantar cabeza porque leva 4 anos afundindose cada vez máis…
outro · 12-06-2011 a las 10:11
Pois pode ser que teñas razón… e imos agardar que os vehículos e máquinas do concello non teñan nunca mais un consumo do 53%.
conchita lirio · 12-06-2011 a las 17:59
Só digo que o pobo foi a peor coa última candidatura e aínda así o partido da alcaldesa sacou máis votos que nas anteriores eleccións. A min tanto me dá quen sexa o alcalde nin en que trifulcas ande metido o único que quero é que goberne para o pobo e non para el.
ife · 17-06-2011 a las 15:58
Conchita corrigeme si me equivoco. ¿quieres decir que cuando llenaban el depósito de particulares era para el bien del pueblo? Tienes entonces razón cuando dices que maribel lo hizo mal pues que se sepa eso nunca lo hizo y el pueblo estuvo de lo más tranquilo y organizado que nunca durante su mandato
manolo o do bombo · 17-06-2011 a las 17:02
ORGANIZADO que nunca dame a risa ,habia medo ,amenazas ,e todos caladiños que ben a muller do saco ,ja…ja..