Sabariz defiende su gestión sobre el albergue de peregrinos.
El concejal de la ACP, Luis Ángel Sabariz, calificó ayer de «injusto» que el actual gobierno responsabilice al gobierno anterior, del que él formó parte, del retraso en la apertura del albergue de peregrinos. Sabariz dice no querer «polemizar», pero sí quiere dejar claras una serie de cuestiones con el fin de demostrar que en el anterior mandato se hicieron los deberes.
Frente a ello, denuncia la «pasividad» del gobierno liderado por Angueira a la hora de resolver el problema surgido con el enganche de la red eléctrica del nuevo edificio, problema sobre el que solo se actuó a partir de que él lo sacase a la luz el pasado 11 de agosto, argumenta. Y dice más. «No hay que olvidar que el gobierno anterior logró que el Xacobeo invirtiera más de 400.000 euros en Pontecesures. Lo más difícil estaba conseguido».
«Activar ahora la apertura de la instalación y ultimar los detalles del pago del enganche eléctrico (unos 10.000 euros) con el Xacobeo, gestionando sobre las obligaciones de cada institución en el pago de esa cifra es una tarea del gobierno local. Y por lo que se ve la actuación del tripartito actual en este asunto deja mucho que desear», añade Sabariz.
LA VOZ DE GALICIA, 31/08/11
12 comentarios
papagos · 31-08-2011 a las 12:01
Menuda xestión a súa Sr Sabaríz, regálanlle a finca ao xacobeo sen ningún dereito a uso por parte do concello, e aínda por encima temos que pagar parte do enganche da luz. Resulta incrible que diga: «No hay que olvidar que el gobierno anterior logró que el Xacobeo invirtiera más de 400.000 euros en Pontecesures. Lo más difícil estaba conseguido», o xacobeo inviste nun edificio que agora é da súa propiedade grazas a xenerosidade do goberno anterior. A quen lle preguntaron vostedes para facer iso?. A maioria do pobo estaba encontra desa cesión. O BNG que representaba a toda a oposición votou en contra, porque pensaba nese edificio para o centro de día, algo que sería moito mellor para os veciños. Vostedes foron por libre e agora presume de boa xestión, é o que nos faltaba por oír. O concello xa puña o pavillón a disposición dos peregrinos cando era necesario e que haberá que seguir deixando cando o albergue estea completo. Por qué tivemos que regalar un edificio tan necesario para o pobo?. A quen beneficia esta cesión?. Acusa a este goberno de pasividade?. Este goberno traballou para que a apertura do albergue custásenos aos cesureños o menos posible, parécelle pouco Sr Sabaríz?
Luis Angel Sabariz Rolán · 31-08-2011 a las 13:49
Aínda que este tema xo foi moi debatido no seu día, «papagos», lémbroche o seguinte:
1. O centro de día alí custaba máis de 800.000 ?. Vicepresidencia, no bipartito, non deixou nin un euro de consignación (a Xunta solía afrontar o custo nun 70% mentres o concello financiaría o resto). E xa non imos a valorar o custo posterior de mantemento.
2. Non foi doado conseguir que o Xacobeo investise para construir o noso albergue, pois hai moitos concellos interesados en contar con instalacións deste tipo no seu municipio. Un dato fundamental foi que o edificio está a escasos metros do trazado do Camiño Portugués.
3. Solucionouse un grave problema de salubridade e de seguridade que presentaba unha construción en ruínas a carón do colexio (lixo, ocupas, mala imaxe, etc…).
4. O albergue debe ser importante para mellorar algo a economía da vila.
5. O Concello de Pontecesures non vai ter gasto algún relacionado co albergue. Todos serán asumidos polo Xacobeo (enerxía eléctrica, limpeza, atención aos peregrinos, etc..).
6. O contar cun albergue non é incompatible con contar cun centro de día noutro sitio. De conseguirse o financiamento, terreos municipais hainos.
manolo o do bombo · 31-08-2011 a las 14:34
Toalmente de acordo con papagos ,ó tempo dira se o alberge vai traer economia para ó pobo,nome creo nada,pasaran de largo coma sempre…
ife · 31-08-2011 a las 15:04
Arredemo papagos que arraque o teu. Quen eres o acalde ou familiar segue así estou dacordo contigo en todo
atlanta · 31-08-2011 a las 15:17
Estou totalmente dacordo co comentario de Papagos, e en relación o comentario do Sr. Sabaríz, discrepo en duas cuestións:
1.- Se o centro de día se fixera no edificio agora destinado a albergue, xa había un paso dado, que era que o edificio xa estaba construido. Habería que arranxalo para adaptalo o uso final o que se ía adicar, pero eran uns cartos de edificación que se aforraban. E era unha maneira tamén de sacar lixo, ocupas, etc.
2.- Entón a maneira de que Xacobeo investise no noso concello foi regalandolle o terreo sen agora ter competencia ningunha sobre el. E a xente que traballe nel, ¿será do noso concello?
E por ultimo, xa que o concello non ten ningunha competencia no albergue, e segundo di vostede non vai ter ningún tipo de gastos, por qué debe asumir agora o gasto do enganche da luz, debería ser asunto do Xacobeo.
o palillo · 31-08-2011 a las 20:04
Que razón tés »papagos» esto do albergue é a tontería máis grande que se pudo facer pensar que non temos donde deixar aos nosos maiores e facemos un edificio para a xente pasaxeira. O do albergue estaría ben facelo se xa tivéramos o resto no pobo, pero bueno xa nos deron a demostrar o que pensaban na xente do pobo pero claro despois teñen a cara de nos vir pedir o voto, bueno o feito feito está .
Caminante · 1-09-2011 a las 09:12
Sr. Sabariz, canta máis explicacións da, máis difícil me resulta e resulta de entender a xestión do goberno anterior en relación ao albergue. E digo goberno, pois creo recordar que eran tres, ainda que aos outros dous, a ExCartos e a Randulfe, nin están nin se lle espera.
En relación á súa resposta ao primer comentario desta entrada, creo que se contradice no punto 1 e no 6. No primeiro di que facer un centro de día supoñía un custe excesivo, acarreaba gastos posteriores… logo no punto 6 fala de que pódese construir un centro de día, conseguido financiación. Non lle parece unha contradicción?
O albergue nada, lamentablemente, vai mellorar a economía local. A xente que durma no albergue, é xente, peregrinos, que chega cansa logo dun día de andaina ou de bicicleta. O que menos lle apetece é pasear e o que máis, normalmente é descansar. Os peregrinos non son turistas que chegan en autobús, lémbrolle.
papagos · 1-09-2011 a las 11:13
Sr Sabaríz a súa decisión de regalarlle a finca (cunha localización privilexiada) ao xacobeo, supón un grave prexuízo para os cesureños. Subscribindo as respostas de «atlanta» e «Caminante» permítame duas observacións:
1. Vostede que presume do bo facer do tripartito anterior, molestáronse en xestionar a creación dun centro de día, tan necesario para os nosos maiores e as súas familias?.
2. Cando dí no punto 5 que o concello non vai ter gasto algún en relación co albergue está mentindo. De entrada imos gastar 5000 euros no enganche da luz, sempre que non supere os 10000 euros claro está, pregúntelle aos veciños que lle parece regalar 5000 euros dos seus impostos ao xacobeo, en cantas cousas poderíanse investir eses cartos?. Pensemos agora no valor desta finca cun edificio para restaurar…, pois o Sr Sabariz e os de nome que non quero acordarme regaláronllo ao xacobeo, e aínda di que o albergue non ten gasto algún para o Concello de Pontecesures.
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-09-2011 a las 14:34
Teño que repetir xa o que dixen:
1. O texto do acordo de cesión ao Xacobeo, foi aceptado por ese organismo e nel nada se falaba da obra de traslado da liña xeral de subministro eléctrico eléctrico para alimentar ao edificio. Ocorre que ao ceder unha parcela urbana, o Xacobeo interpreta que ten que ser cos servizos ao pé da mesma, algo discutible.
2. Si se fixeron xestións a finais den 2007 polo tema do centro do día, pero Vicepresidencia non o tiña nada claro, (proximidade doutros, centralizar servizos, poboación interesada, custo, etc…). Claro que se pode contar agora cun centro de día. O problema é quen financia a súa construcción, pois estamos a falar seguramente de máis de 1.000.000 ?.
3. A estructura do vello edificio tampouco supuxo moito aforro. A pouca consistencia motivou un incremento importante do custo en reforzo da cimentación. Algún técnico opinou que case sería máis barato derrubar o vello edificio e construir un novo.
o palillo · 1-09-2011 a las 15:09
Señor Sabariz: respeto ao que vostede di do centro de dia : que o custo sería de 1.000.000 ? non lle parece a vostede unha esaxeración?? E respeto ao do albergue parécelle puco 5.000 ? que hai que invertir nesa edificación?? e eso que non íamos ter gastos, que fácil é gastar os cartos que non doe ganalos xa estamos os parvos para dalos. Se para vostede cree que foi unha boa inversión porque non é tan xeneroso e paga vostede a cuantía do seu peto sería unha obra de caridade moi boa para os peregrinos non se olvide deso, porque para os de cesures non é nada, grazas pola boa xestión.
Caminante · 1-09-2011 a las 17:04
A cada novo comentario, a cada nova «explicación» que fai, contradiccións e superfluos argumentos.
atlanta · 1-09-2011 a las 17:25
O Xacobeo pode interpretar da maneira que lle dé a gana o de que teña que ter os servicios o pé da mesma (algo que vostede noutro tema de días pasados afirmaba rotundamente que a parcela se cedera cos servicios o pé da mesma, e que agora se contradí), porque os cartos que gasta non lle saen do peto, e se lle saen saben que, anque o primeiro teñan gastos logo van ter beneficios, porque son eles donos do terreo, pero creo que calquera cesureño vai facer unha interpretación totalmente distinta, porque os cartos que se van a gastar son a base dos nosos impostos.