El albergue, otro elemento clave.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

La apertura del albergue será una pieza clave para que Pontecesures gane protagonismo dentro del Camino Portugués. Sigue sin conocerse la fecha, pero no debería ya tardar mucho en abrir sus puertas teniendo en cuenta que la sociedad Xestión do Xacobeo y el Concello han llegado a un acuerdo para dotar de suministro eléctrico al edificio. Tras varios días de polémica por este tema, el gobierno local pudo confirmar esta semana que se ha llegado a una solución. Los 10.000 euros que cuestan las obras de enganche a la red general serán sufragados al 50% por ambas partes, con una mejora de última hora. Aprovechando esta actuación, se va a aumentar la potencia a contratar de modo que se podrá también dotar de servicio a la nave de obras, que hasta ahora está en precario.

El gobierno local da por buena esta solución con el fin de no retrasar más la apertura del albergue, pero su pretensión inicial era no pagar ni un euro y que fuera el Xacobeo el que asumiese el gasto en su totalidad, como hizo con el resto de la inversión. «O goberno anterior fíxolle un regalo total do que os veciños de Pontecesures non imos poder disfrutar», se lamenta a este respecto la concejala Cecilia Tarela. El malestar de la nacionalista viene dado, entre otras cosas, porque el Xacobeo acaba de denegar al Concello permiso para instalar en las antiguas casas de los maestros de Infesta una base de la ruta BTT, un servicio de alquiler de bicicletas de montaña que promueve la Xunta, que ya funciona en Meis. En el albergue no podrá ser, pero el tripartito cesureño no desiste en su empeño de llevar este proyecto adelante, posiblemente, desde el ámbito comarcal.

LA VOZ DE GALICIA, 04/09/11


15 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2011 a las 15:50

Pero, ¿en que quedamos?. Se o goberno local quere potenciar o Camiño Portugués como un activo para o municipio, actitude que me parece moi ben, tamén debe apoiar ao albergue conquerido polo goberno anterior e agradecer que por fin contemos con el.

    Caminante · 4-09-2011 a las 16:40

    En que parte da nova entende ou cree que o goberno di que quere potencialo camiño de Santiago?
    Non confunda información con opinión, neste caso, nin iso. Polo menos eu así o entendo.

    Non sei, da a impresión que se quere agarrar algo para xustificar a inxustificable xestión anterior.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2011 a las 18:04

Pois coa guía está claro que queren potenciar o camiño, «camiñante» e que se coñeza Pontecesures.

atlanta · 4-09-2011 a las 22:34

E, ¿onde dí que non queiran apoiar o albergue? Se vai pagar o concello o 50% do valor das obras, ¿parecelle que iso non é apoiar o albergue?
Polas informacións publicadas en días pasados, o concello non quería correr cos gastos do enganche da luz posto que non ía ter ningunha competencia sobre o albergue, e iso penso que moitos cesureños opinan o mesmo, que se pague algo cos nosos impostos e logo que sexa unha empresa allea o noso concello quen se encargue de todo, pois debera de correr con tódolos gastos para acondicionar o local de suministro eléctrico.

papagos · 5-09-2011 a las 11:22

Esta frase da nota: «La apertura del albergue será una pieza clave para que Pontecesures gane protagonismo dentro del Camino Portugués», entendo que é do autor do artigo. O Camiño Portugués pasa por Cesures e pareceme moi ben que se potencie, cousa que non fixo o tripartito anterior, pero o albergue é secundario o camiño existe sen el. Agora ben, despois da irresponsabilidade do Sr Sabaríz e cía, témolo ahí e hai que contar con el.
Só faltaría que tivésemos que agradecerlle ao goberno anterior que regale o patrimonio e os cartos de todos os cesureños.

outro · 5-09-2011 a las 17:04

O comentario de Papagos paréceme noxento. Calificar a actuación «…irresponsable do Sr. Sabariz e cía…» non ten nome. Unha cousa é que actuación fose desacertada por parte do equipo de goberno (ata eu podo estar de acordo con iso), pero ¿Sabariz e cía?.
Vexamos:
– Actuación irresponsable do equipo de goberno
– Actuación irresponsable do goberno tripartito
– Actuación irresponsable da exAlcaldesa
– Actuación irresponsable dos representantes da ACP
E así unhas poucas mais. E xa non vou entrar no sentido de «irresponsable».
Pois non, ó final sempre é Sabariz.
Antonio (agora vai contigo) é o que digo sempre. Só interesan as novas onde poder citar a Sabariz, na inmensa maioría dos casos coa fin expresa de denigrar o feito polo goberno tripartito ó que el pertencía.
Papagos, agardo da túa intelixencia algún comentario sen citar a Sabariz.
(Ahhhhh, aqueles tempos da moderación…)

    Caminante · 6-09-2011 a las 11:53

    Comezo a pensar, que o que ten unha obsesión, es ti, «outro».
    Non sei nin entendo a que conto de quen ven este teu comentario. O primeiro que comenta nesta entrada é o Sr. Sabariz. Que pasa, non se pode rebatir a súa opinión, para min errada pois confunde información periodística con declaración dunha intención por parte do goberno local?

    Non sei se te das conta, pero a maioría dos teus comentarios falan ou acaban falando de «papagos» ou sobre «papagos».

    P.D- Comenta, opina, debate, rebate… e deixate de obsesións persecutorias e de evidencias sobre quen é quen. Así, o único que vai a resultar evidente, es ti.

      outro · 6-09-2011 a las 16:02

      O que comences a pensar, Caminante, realmente non me importa o mais mínimo, así que seguirei decindo o que me pareza oportuno cando me pareza oportuno. E cando algún/algunha empregue mais dun seudónimo e sempre coa mesma fin descalificatoria, direino.
      Nesta entrada refírome a qué ven esta coña de «Sabariz e cía». Explícamo ti, Caminante, vota man do diccionario, da Filmoteca ou da canción do verán, pero no dis absolutamente nada do que eu argumento (como case sempre).
      E comentarei, opinarei e bla bla bla o que queira. De obsesións persecutorias e de evidencias… en fin…
      Empezades a fartar.

        Caminante · 6-09-2011 a las 23:02

        Pero que é o que teño que argumentar ou queres que argumente? O teu «argumento» acerca do comentario de «papagos»? Para min o comentario de «papagos», correcto. O goberno anterior irresponsable? SI, creo que a súa xestión neste tema do albergue foi irresponsable e perxudicial para os intereses dos veciños de Pontecesures. Que molesta, que se diga… ou molesta o de Sabariz e cia.? Se é esto ultimo, perdoa sinceiramente, que me ría.
        Que non digo nada do que argumentas? Proba a argumentar con seriedade e rigor…
        Esta claro, opina do queiras ou estimes oportuno, xamáis se me ocurrirá dicirche o contrario a ti ou a ninguén. Iso si, por moi en desacordo, enfadado ou irritado que poida estar cun comentario, xamáis direi que resulta noxento. Son estes a clase de argumentos que, seguindo co teu exemplo, debo utilizar?
        Sobre o dos seudónimos, a min gústame leelos comentarios, non me paro a pensar de si aquel é aqueloutro, ou viceversa.

        E si, estás obsesionado cos que discrepamos con Sabariz.

        E si, quizais comezamos a fartar, todos, incluido ti tamén.

perdinosono · 6-09-2011 a las 10:40

pois eu tamen penso q si, que temos q cambiar de miras e deixar de remexer na merda, outras peores temos enrriba; por eso vos aconsello unha cousa ben sinsela, ir a ver LA PIEL QUE HABITO, todo un peliculon, y despois unha copiña de mencia con xamonciño e xa imos relaxando un pouco o clima q se destila pola paxina, que a disfrutedes. saudos a todo o pobo

Cara de cona · 6-09-2011 a las 17:50

Pero que carallo vos metedes co Saba……o albergue queda de puta madre….alí solo había unha escombreira de merda….consigue mais de catro centos mil euros e ten que oir….que consigueu o Angueira co novo «empresario» Quintana que vai para o Brasil para o centro de día ali…..arolas…..palabras…..fume…..imos ver que consiguen estes do goberno dos tenientes que cobran……por ahora nin patacon….Cordo vai a Deputación a pedir….vas levar vas despois do que fiseches….vanche dar vinagre…vendelle a moto a Ramona a do Caldeiron….e o que che queda…jo…jo…jo…

outro · 7-09-2011 a las 17:25

Pois xa que entramos directamente no chat, e mentres Antonio non volva á moderación, ahí vai:
Caminante:
1 – Non estou obsesionado cos discrepan con Sabariz (eu fíxeno mais dunha vez).
2 – Estou obsesionado coa cita gratuita e innecesaria de Sabariz. Repetirei mil veces que non me interesa escoitar «a última de Sabariz». Aquí temos un goberno actual e un goberno anterior. Se Sabariz fixo algo de maneira mais ou menos persoal e directa no desenvolvemento das súas tarefas de goberno, haberá que citalo a el. En caso contrario, non.
3 – Non te das conta, pero ó final, dixeches EXACTAMENTE o mesmo que dixen eu: a actuación (sexa ou non irresponsable ou perxudicial para o pobo) foi DO ANTERIOR GOBERNO, non de Sabariz.
4 – Os argumentos que debas empregar non vou ser eu quen chos diga.
5 – Estou de acordo nunha cousa contigo. A min tamén me gusta ler os comentarios, o que non me gusta é a «superioridade numérica» e expresar a mesma opinión e que pareza dende outro ángulo. Dende o lamentable caso de estudiante (bngpontecesures) ata outros mais recentes. E direi o mesmo se pasa pola outra «banda». Porque se o están a facer, alomenos teñen moitísimo mais coidado coas formas para pasar desapercibidos.
¿Que a ti che da a risa que se cite de maneira innecesaria a alguén? Perfecto. Encantados de coñecernos. Pero xa me gustaría saber o que dirías se o citado gratuitamente foses ti.
Unha vez mais… ¡Viva a moderación!

papagos · 7-09-2011 a las 20:33

Imos ver «outro»:
Cantas notas da ACP se colgaron nesta páxina desde a toma de posesión do novo goberno municipal?
Quen é o representante da ACP?
Quen é o autor desas notas?
Quen se erixe en portavoz do anterior goberno día si e día tamén?
Quen fixo o primeiro comentario nesta nova?
Como podes dicir que falamos gratuitamente do Sr Sabaríz?
Unha de dúas, ou non queres decatarte de nada, ou pretendes insultar a intelixencia dos demais. ? de moi mal gusto que te dediques a cualificar os comentarios alleos só porque non che gustan, empregando termos que denotan unha gran falta de respecto cara outros comentaristas, curiosamente sempre o fas cos que son discrepantes co Sr Sabaríz.
Xa sei que este comentario é un fóra de tema, pero permíteme moderador esta única resposta debido ás numerosas alusións de «outro».

Blanco · 7-09-2011 a las 20:48

Pero dejaros ya de chiquilladas y volvamos al albergue, conocimos lo del problema del enganche, el fin de la obra y la demora en la apertura gracias a la oposición, como se le puede negar a Sabariz su derecho a infomar o criticar, esa es su función y la gente debe valorar cuando esta acertado y cuando no, cuando tiene razon o cuando es un pesado, yo coincido bastante con lo que dice, que quereis, quiero una oposición activa y que diga cosas, para eso esta en el concello, si el PP o la ex Maribel dicen poco o nada, pues sus votantes y el pueblo lo juzgara

outro · 7-09-2011 a las 20:50

Ríndome. Jaque mate. Dende agora ó Diario de Arousa. Ata sempre.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.