EXITO DE PARTICIPACION NO I TORNEO DE 3×3 BASKET NA RUA CELEBRADO NA PLAZUELA ESTE PASADO SABADO

Publicado por fru en

Este sábado 17 de setembro o C. B. Rio Ulla organizou en colaboración co Concello de Pontecesures o ??I Torneo 3 x 3 de Basket na Rua?. A data elexida foi polo inicio dunha nova temporada, a 2011-12, na que o club vai participar con 8 equipos federados.

Pero ó facer este torneo de basket o que pretendimos foi achegar este deporte ó pobo, e para elo, que mellor lugar que a Prazuela de Pontecesures, xusto en metade do pobo. Alí se instalaron 2 canastas e se marcaron uns campos onde disputar o torneo. E o público respondeu, pois nas mais de 6 horas de partidos, achegáronse bastantes persoas a presenciar este torneo. 

O número de equipos inscritos foi un éxito xa que na categoria A (ata 15 anos) houbo 6 equipos, e na B (+ de 16 anos) foron 16 equipos inscritos. Foron un total de 80 os participantes os que dende as 16 h. da tarde do sábado, ata as 22.30 da noite estiveron xogando case sen parar. Indicar que os últimos partidos se xogaron perfectamente con luz artificial duns focos instalados a tal fin.

Na categoria A os cesureños «X», impuxeronse ó ??Villa Team??; e na categoria B  foron os ??Grandfather? os gañadores da final diante dos ??Cuñados?.

Colaboraron nos premios ademais do propio Concello de Pontecesures, as casas comerciais ??Casa Chaves? e ??HC Sport? de Pontecesures. Os premios foron:

Na categoria A: camisetas de recordo, 1 balon e 1 invitación á merenda donada por Casa Chaves.

Na categoria B: Un vale de 40 euros donado por HC Sport, e 1 invitación á merenda donada por Casa Chaves.

Ademais Cocacola serviu bebida para todos os participantes do Torneo.

Decir tamen que a participación dos equipos superou o ámbito local, pos chegaron equipos de Dodro, Valga, e 3 de Vilagarcia. Ademais había xogadores tamén de Padron, e Rois.

Dende o club queremos destacar a deportividade que reinou en todo o Torneo, mérito dos deportistas que acudiron, e queremos agradecer o interese posto nel tanto polo Concelllo de Pontecesures, coma os patrocinadores que nos apoiaron  (Casa Chaves, HC Sport, e Cocacola). Tamén o traballo de Protección Civil, que tivo que atender a 2 lesionados durante a tarde (unica nota negativa). Agradecer tamén o trabalo desinteresado dun grupo de antiguos xogadores e afecionados locais que axudaron na montaxe e desenrrolo do torneo.

Haberá que ir pensando en mellorar o Torneo con vistas ó vindeiro ano, e facer que participan tamén os nenos/as menores de 12 anos nunha categoria para eles/as.

Moitas grazas a todos/as pola colaboración e participación.

 Agora colgamosunhas cantas fotos deste torneo:

Sergio, Uxio, martín e David, integrantes do equipo «X» gañadores da categoría A, no momento da entrega dos premios, flanqueados por Gulli, do C.B. Rio Ulla, e por Roque Araujo, concelleiro de deportes.

Roberto, Santi e Pepi, integrantes do equipo «Grandfathers», gañadores da categoria B.

 


1 comentario

piris · 21-09-2011 a las 18:13

Moi bonito e ben organizado o torneo de baloncesto. O único que non me gustou foi o «speaker». Botouse en falta o micrófono nas mans do vocingleiro oficial.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.