Decepción na ACP pola negativa do alcalde a posibilitar a inclusión nas comisións informativas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con data 16 do mes que andamos os integrantes da lista traladamos ao Sr. Álvarez Angueira o noso acordo adoptado o día 2 instando que propuxera ao pleno que as comisión informativas do concello pasasen a ser de 6 membros (na actualidade teñen 5) para que Sabariz Rolán formara parte destes órganos colexiados xa que os compoñentes do grupo misxto deixárono sen representación.

A resposta da máxima autoridade foi negativa lembrando unha emenda nese senso presentada polo concelleiro da ACP no pleno do 28 de xuño, e dicindo que o pleno votou democráticamente que sexan órganos de cinco e que non pode entrar nos asuntos internos do grupo mixto.

O alcalde está a tratar de marearnos con desculpas que non teñen fundamento. E incrible que a ACP (4ª forza política en número de votos) sexa a única lista non representada nas comisións e que Luis Sabariz sexa o único dos 11 membros da corporación que quedou excluído destes órganos. Cun mínimo de vontade política arranxaríase o tema adoptando o acordo plenario solicitado. Hai un sectarismo e unha discriminación lamentable. ? moi doado falar coa boca pequena de tolerancia, de respecto e de bo talante e despois tratar de afundir así a un concelleiro.

Tampouco se libran das críticas as outras dúas forzas integradas no goberno. Roque Araújo (PSdeG-PSOE) e Ángel Souto (TeGa), ámbolos dous do grupo mixto teñen a mesma responsabillidade que o BNG nesta exclusión. O primeiro sempre está a falar por aí de concordia e de consenso. O segundo dicía na campaña que nunca permitiría a discriminación de ninguén. Pois nin un nin o otro están a cumprir. Mera palabrería.

Pois ben; non queda outra que aguantarse e continuar para adiante. Ainda que nos exclúan das comisións, aínda que non nos conviden aos actos oficiais ou as reunións importantes para os intereses do pobo, como á Mesa do Comercio, seguiremos a traballar como podamos para defender os intereses da vila. Da rúa, dos medios ou da Casa do Concello non nos poden botar fóra.


3 comentarios

Tiroliro II · 25-09-2011 a las 18:44

que Sabariz non se moleste mais, non o meten nas comisions nin de coña, canto mais lonxe o vexan mellor para eles, a actitude de angueira e dos do Bloque a esperada, do caballerito Cordo case tamen home mediocre, un bocas, a sua traxectoria no lo di, pero o de Roque canta un pouco, tolerancia zapateril decia, dialogo e outras fantasmadas, a hora da verdade nada, espero que acabe como o seu lider Zapa, na calle

papagos · 26-09-2011 a las 09:07

Deixe xa de chorar Sr Sabaríz, a democracia non consiste en cambiar as normas segundo conveña, a vostede isto pasoulle no 2003, na lexislatura pasada estivo nun goberno con maioría, por que non levou a modificación do número de integrantes das comisións ao pleno?. Claro que o número seis tocaríalle ao BNG e iso non interesaba. Agora arremete contra Angueira e os seus compañeiros do grupo mixto, digo eu que algunha responsabilidade terá vostede, se os seus compañeiros deixárono fóra por algo será.
De todos os xeitos vostede vaise a decatar de todo o que alí se diga, porque non creo que toda esta perrencha sexa por non cobrar a asistencia a devanditas comisións, ou talvez si?

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-09-2011 a las 15:39

No mandato anterior non houbo necesidade algunha de modificar o número dos integrantes das comisións, pois todos estabamos representados en algunha.
¿Perrencha por non cobrar, «papagos»?. Por moito que trates de lanzar este tipo de mensaxes, iso non cala. Sabes que iso non ten nada que ver coa queixa. Es peseterismo que insinúas sabes que non vai conmigo. Demostreino nos doce anos que levo no concello. Por aí pinchas en oso.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.