Texto da emenda para declarar en 2012 festivo o San Roque de Porto por coincidir San Xulián en sábado.
EMENDA QUE PRESENTAN MARÍA ISABEL CASTRO BARREIRO (IP), JUAN MANUEL VIDAL SEAGE (PP) E LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN (ACP).
De acordo co previsto no artigo 97.5 do R.D. 2.568/1986, de 28 de novembro, preséntase emenda ao ditame da comisión informativa de asuntos xerais en relación co punto 3º da orde do día da sesión plenaria do vindeiro día 26 de setembro. O texto que se propón para aprobar é o seguinte:
3º.-PROPOSTA FESTAS LOCAIS 2012.
No ano 2012 o día 7 de xaneiro, festividade do patrón de Pontecesures, San Xulián, é sábado. En algún ano acordouse declarar festivo local o luns seguinte ao día 7, pero ao se celebrar os actos na honra ao patrón o propio sábado, non ten lóxica declarar festa local o luns seguinte.Non hai arraigo na veciñanza nin ambiente ou celebracións festivas ese día.
Considérase que é moito mellor para os intereses de todos declarar como festivo para o ano 2012 o día 24 de agosto no que se celebra en Porto o día de San Roque. ? un día con diversos actos festivos neste lugar de Pontecesures no que participan moitos cesureños de todo o municipio. Hai un ambiente festivo importante e incluso varios actos, os relixiosos, teñen lugar no centro da vila.
En consecuencia, para o ano 2012, e con carácter circunstancial por coincidir o día de San Xulián en sábado, propónse que oa festa local sexa o venres do San Roque de Porto. Cando o día 7 de xaneiro non sexa nin sábado nin domingo deberá recuperar o carácter de festa local.
En canto ao outro día de festa local, considérase que, coma sempre, debe ser declarado o Luns do Carme que é o día 2 de xullo.
Polo exposto, propónse ao pleno a adopción do seguinte acordo:
Propoñer como festivos locais para 2012 o día 2 de xullo (Luns do Carme) e o día 24 de agosto (San Roque de Porto).
Pontecesures, 24/09/11
0 comentarios