Afondando no pensamento rosaliano.
A fundación da Matanza lembra o 153 aniversario do matrimonio Murguía-Castro·· O nº 4 da «Revista de Estudos Rosalianos» achega artículos reveladores sobre a poetisa
A Fundación Rosalía (na foto a súa sede) trasladou á Facultade de Filoloxía de Santiago os actos da conmemoración
O 10 de outubro do ano 1858 casaban en Madrid Manuel Murguía e Rosalía de Castro, un acontemento fecundo para as Letras Galegas. Cento cincoenta e tres anos despois, a fundación que leva o nome da poetisa galega non quere que esta data permaneza no esquecemento e a recupera presentando o nº4 da Revista de Estudos Rosalianos, dirixida por Xesús Alonso Montero.
Segundo explica Alonso Montero, este novo volume, o máis amplo e que conta coas aportacións máis saientables, achega traballos reveladores sobre Rosalía. Entre eles destaca un da escritora e máxima biógrafa de Rosalía, Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, no que por primeira vez na historia se manifesta que Rosalía é filla do cura de Padrón José Martínez Diojo, recollido nun documento que veu a luz un día despois da morte da escritora. A mesma autora tamén aporta outro interesante traballo no que demostra que a primeira biografía sobre Rosalía, escrita por Augusto González de Sada, foi plaxiada dunhas notas de Víctor Said Armesto, falecido en 1914.
Ademais a revista incorpora por primeira vez iconografía orixinal sobre Rosalía: un texto de Díaz Pardo e un retrato feito por Antón Pulido,e un conto de María Xosé Queizá versado sobre o poema A Xustiza pola man titulado A fouce e a lei.
EFEM?RIDE EN 2013
Fan un chamamento sobre os 123 anos de «Cantares Gallegos»
. Na presentación da revista feita na Facultade de Filoloxía de Santiago, a Fundación Rosalía deu tamén lectura a un manifesto no que fai un chamamento tanto a sociedade galega como as administracións culturais sobre o sesquicentenario da publicación de Cantares Gallegos (1863). Será dentro de ano e medio (2013). «Esta data non pode pasar desapercibida, porque este é o libro fundacional da literatura galega, e porque aínda contén desafíos para a erudición literaria», recalcan fuentes de la Fundación Rosalía. Dende esta institución espérase que a data conmemorativa conte coa sensibilidade suficiente.
TIERRAS DE SANTIAGO, 11/10/11
0 comentarios