Por fin inaugúrase o albergue de Pontecesures. Non se convida ao acto á ACP.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Mañá, 4 de xaneiro, ás 12 horas celebrarase o acto inaugural do albergue de peregrinos de Pontecesures situado na rúa Pousa Antelo (Infesta) non sen tempo, pois a obra ramotou hai máis de 4 meses. En varias ocasións demandou a ACP a apertura das instalacións que xa estaba equipadas co mobiliario correspondente.

Este concelleiro enterouse extraoficialmente desta boa nova, pois nin tan sequera foi convidado ao acto. Nin a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, nin o Concello de Pontecesures, que coñece a nova dende hai tempo, comunicou nada a este membro da corporación.

Resulta realmente decepcionante que ocorran estas cousas. Despois de implicarse, integrado no goberno anterior, en mútiples xestións a prol de conquerir o albergue (desafectación das antigas casas dos mestres como cuestión previa, solicitude, preparación da documentación para a posta a disposición dos terreos para a cesión ao Xacobeo, seguemento do proxecto e adxudicación da obra, etc…) non teñen lóxica estas actitudes. Hai que ter en conta que o BNG e o PSOE, que agora forman parte do goberno local, estaban en contra da construción do albergue de peregrinos nas antigas casas dos mestres do CPI Pontecesures.

Pois non queda outra que resignarse. Agora ben; tratarei de estar na inauguración, aínda que sexa como un simple veciño. Os integrantes da lista da ACP e as personas que nos apoiaron tamén merecen que alguén lles represente neste acto.

So queda desexar que o albergue sexa un éxito para ben de todos.

Pontecesures, 03/01/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


18 comentarios

pepito · 3-01-2012 a las 21:39

home despóis de «manchar» tanto a imáxe do goberno local con merda por todo dende que foron as eleccións pra alcaldia porque quedaches fora non te mereces menos Sabariz, vaia morro te gastas, nin tan sequera foches convidado, ¡ pobrecito el nene !, resulta realmente decepcionante que ocorran as cousas que ti fas, facendo politica con todo, e si que é decepcionante que publiques nesta entrada que non foches convidado, e penoso que teñas máis cara ca espalda, que te esperabas, primeiro hai que ser persoa, despóis politico e sobre todo facer boa politica e non as trapalladas que fas ultimamente politizando con todo…………..

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-01-2012 a las 00:34

Mira, «pepito», a miña queixa está exposta e cada minuto que pasa penso no inxusto que resulta non convidarme a esta inauguración. Ti falas de que que teño moita cara, de que son trapalleiro, de que mancho a imaxe do goberno local e de que non son persoa. Pois eu falo de que impliqueime para que tivéramos o albergue todo o posible e traballei dabondo neste tema. Por certo, sen dedicación exclusiva e sen cobrar un só euro.

Princo · 4-01-2012 a las 00:44

Non vexo a noticia por ningures.. ¿como se vai convidar á acp a estas cousas?
¿para que reventen o acto? ¿para andar a remover, coma sempre?

Por certo, que raro o Saba falando da «dedicación exclusiva» e de «euros»….
Xa que sacas ese tema en todo canto dis, eu tamen direi sempre o mesmo logo: «transfuga»

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-01-2012 a las 01:24

¿Reventar el acto?, ¿Pero que estás diciendo, «Princo»?. Consideré de interés informar de que la ACP no estaba invitada a este acto y di las razones para la queja. Es lo lógico, y, por mucho que te duela, también digo que en doce años y pico que llevo siendo concejal en el ayuntamiento (bastantes de ellos con responsabilidades de gobierno) no cobré retribución alguna. Es la pura verdad.

Princo · 4-01-2012 a las 11:47

Jaja, créeme que non me doeu nadiña que non cobraras.

    porco bravo · 4-01-2012 a las 17:07

    Pero seguro que o que si che doeu «Princo» é que nin neses doce anos e pico nin en toda a súa vida (a parte de non cobrar ningunha exclusiva) fose declarado IMPUTADO como algún que sei eu , nin se presentara ás eleccións por puro interés persoal: para saír do paro, como tres que sei eu.

      Princo · 5-01-2012 a las 00:10

      Cala Sabariz…

pepito · 4-01-2012 a las 15:50

Sabariz vai cagar dunha vez entre o millo e deixa a xente tranquila, seamos serios aìnda que con este comentario eu non o sea…

Cara de cona · 4-01-2012 a las 20:08

pepito….escarallabos o Saba…..insistente…..dando caña….e sempre co dos tres sueldos que cobra o goberno……fixo ben queixarse por deixalo fora da inauguración…..falas de cagada….hum….a min cheirame mais a merda uns cartos que se lle diron a un traballador de premio…..e por facer a pelota….penso que ainda e diñeiro….e logo din que non hai tela…. que estamos en crisis….non chegaron cas extras os 2.600 do ala para os tres concelleiros….ca cantidade de seguridad social dos tres….tamen hai que abrocharlle a un traballador……que peniña de goberno……volveu angueira…volven os lios……..matematico

pepito · 4-01-2012 a las 22:35

Mira cara de cona, a min non me escaralla o Saba nin moito menos, o unico que lle da caña e o teclado do ordenador, pero si no concello pasan del plenamente igual que case todo o pobo, o que me da asco e que cando el formaba parte do grupo de goberno estaba mudo máis pasaban case as mismas cousas que agóra protesta, merdadas, tamén é lamentable que haiga algunha xente a favor dun tránsfuga, aínda que nas urnas quedou demostrado que é, xa que tan ben o fixo ¿canta xente votou por el?
reitero o dito no primeiro comentario que fixen nesta entrada.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-01-2012 a las 00:21

Non sei, «pepito», pero me parece que o que non pasas de min es ti. Parece que a cada cousa que digo ou opino, xa me ves detrás coas descualificacións que sexan (que si merdadas, que si dou asco, envíandome a cagar…vaia educación a túa). Andas un pouco a rebufo, a toque de corneta. ? o normal cando hai estes posicionamentos tan parciais.
Voltando ao acto do albergue. Lamentable tamén que non se houbera convidado tampouco as dúas concelleiras de IP, e máis sendo unha delas a exalcaldesa que asinou a documentación co Xacobeo para construir o edificio, obra adxudicada baixo o seu mandato. Incomprensible.

gero · 5-01-2012 a las 11:20

Pienso que es lo que se merece señor Sabariz, por lo que veo ultimamente me queda totalmente claro, lanza descalificaciones continuamente por todo pero no sabe asumir las criticas o descalificaciones de las personas que forman parte de estos foros, no hay que escupir al aire, ya sabemos como acaba el refran.

Princo · 5-01-2012 a las 14:50

Incomprensible? Eu penso que non, e todos o sabedes… ahora virás escribindo un comentario-tocho de 20 lineas…

Pero por moito escribir, non significa que teñala razon.
Por certo, tes moita razón no que dis no teu comentario, con respecto ao de «pepito». Era ben pasar de ti. Xa a xente o fai no pobo, aver se nós somos capaces.

Se non o somos, é porque nos ferve o sangue, ao ver as barbaridades que publicas aqui

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-01-2012 a las 15:06

En asumir críticas, «gero», pocos me ganan pues llevo años haciéndolo. Quien quiera pasar que pase, «Princo», pero hay una cosa cierta: Este medio cada vez es más seguido y valorado. Y eso que tenemos el problema que hay muchos intervinientes como tú, que lo hacen de forma anónima. Pero aún así la página es ya un referente en la comarca. Lo de las barbaridades no cala, «Princo». Es un deseo tuyo pero poco más.
Volviendo al tema del albergue manifiesto que me gustó como quedó el edificio, espero que lo señalicen bien en todo el camino portugués y que sea muy utilizado.

manolo o do bombo · 5-01-2012 a las 15:18

Riome do que dis de forma anónima cando todos sabemos que ti tes varios ,canta hipocresia Sabariz….

gero · 5-01-2012 a las 15:32

Por lo que se ve en múltiples respuestas que usted publica en este medio queda clarísimo que es todo lo contrario cuando usted responde: «ataques e descualificacións contra min continuamente» y tiene usted muchísima razón cuando afirma que hay pocos que le ganen pues lleva años haciéndolo,
digo yo el idiota y payasito de circo que lo único que gana es que se rian de usted, perdóneme si estas palabras le suenan a insulto pero es la conclusión que saco.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-01-2012 a las 16:11

? moi doado espetar aquilo de que todos os que non se meten conmigo nos comentarios son tamén meus con outra alcume. Sempre coa mesma música, «manolo o do bombo», a mensaxe que tratas de largar xa esta esgotada.
Sobre o comentario de «gero», pouco hai que dicir, segue na súa liña de insulto e mala educación. Unha mágoa.
O importante é que o albergue está operativo e que quedou moi ben.

pepes · 8-01-2012 a las 12:59

Que esperabas, ser convidado, comportate como é devido e despóis daranche un carameliño

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.