Festa da Lamprea: Tocata e fuga.
Nunca participei da idea de que os éxitos gastronómicos camiñaban da man da abundancia.
Relía hai uns días un artigo nunha revista económica sobre os bens chamados Giffen, unha rara clase de produtos que aumenta o consumio cando aumenta o seu prezo. Non é este o caso que nos ocupa, aínda que unha das condicións que se requerían para que un ben fose considerado Giffen era que debería darse unha escaseza de bens sustitutivos deste, cousa que si ocorre no caso da nosa lamprea do Ulla.
Sorprende, non obstante, que os organizadores desta edición teñan utilizado a vella estratexia de diminuir o prezo do produto cuxa oferta non é constante ao longo do tempo pretendendo incrementar a súa demanda.
Elo conleva unha doble perversión, por unha banda desvirtúa enormemente o status do produto (similar razoamento sería que os produtores do caviar Beluga, ante a diminución da producción iraní deste produto entrarán nunha dinámica de diminuir o seu prezo para facelo asequible a calquera mortal..) e por outra banda, senta un mal precedente de cara a futuras edicións en donde a abundancia deste vampiro do Ulla faga pensar en subir de novo os prezos das racións. Considero demasiado errático este razoamento.
Sorprendente é tamén que outras localidades cunha equipa de goberno nacionalista, onde a lamprea rivaliza coa lamrea do Ulla, teñan chegado a parecida conclusión e levado a cabo rebaixas no custo das entradas á festa de degustación da lamprea.
Son partidario de que a escaseza de recursos debe ser suplida por unha boa dose de imaxinación.
Semella que nesta edición esa imaxinación foi substituída por improvisación convertendo o que deberá ser unha festa gastronómica de referencia no mapa gastronómico do país en un pseudo-catering onde por un prezo estrela moita xente mercou a lamprea e optou por degustala no seu domicilio motivando certo aspecto desolador nas carpas instaladas.
A escasa difusión da festa xa era un comentario habitual estes días, e non sendo por algunha inserción publicitaria nalgún medio escrito (en páxina que é onde menos repercusión ten este tipo de publicidade, e que algún dos membros da organización como proveniente do mundo publicitario debera coñecer…) e a cartelería (que atrévome a dicir, se a memoria non me falla, que é a mesma que se utilizou noutra edición da festa hai xa anos…), houbese pasado desapercibida.A conservación e a potenciación do patrimonio etnográfico debe ser unha máxima dos gobernos municipais sexan da cor que sexan.
Atrás quedan aquelas edicións nas que importantes persoeiros do mundo do espectáculo, a comunicación e as letras teñen loubado este manxar prezado xa polos romanos no século V a.c. e cada día dóeme comprobar que vai perdendo interese para os gobernantes actuais.
Espero sinceiramente que en vindeiras edicións se tome máis en serio esta festividade gastronómica e convirta a Pontecesures en santuario gastronómico e á lamprea do Ulla en Santo Grial de temporada.
Juan Manuel Vidal Seage
VOCEIRO DO PARTIDO POPULAR DE PONTECESURES
6 comentarios
pedro da cachopa · 29-03-2012 a las 13:09
Y dijo yo. Yo soy aljo inorante de nuestro señor,pero este escrito non tiene nada nada nadita que ver co que mandó a o piriodico faro de vijo,aqi no fala nada de que el chico de las jruas estuviera en el toldo da festa a las 5 da tarde, como dijió en el papelito que le mando poner en faro de vijo.Creo cambió esto porque tiene miedo que Don Arturo le castije con penitensias severas por no estar a las sinco y puntito en la ijlesia resanzo el rosario al santo. Pero dijo yo otra cosita.Si la jefatura Casi-Roja del estado de Sexsures puso la lamprea mas barata será para que la xentiña humilde coma nos poida ir con los netiños para poder comerla,porque antes no podiamos ir con toda la tropa de xentiña da casa porque non chejaba los dineros para todos,salvo cuando vinia meu fillo de Suisa que el tiene carterita jrandesita y pajaba el todito todo.Acaso los pobres no tenemos derecho de comer aljuna ves lamprea como lo hasen las personas ricas como el chico de las jruas? o es que tenemos que mirar como comen los ricos lamprea mientras a la familia solo los puedo invitar a comer bolsas de jusanitos? que me lo dija este señor,si tiiene aljo contra los pobres. ademas usté fala del señor prejonero que no es conosido,pero nosotros aunque somos pobres ainda non somos tanto,porque tenemos television e ese homiño viamolo siempre siempre en la jalleja, pero el señor de la javiotas de Sexsures como es tan rico no ve la tele de los pobres y ve solo la tele de pajo y claro por eso no se da cuenta de quen era el homiño que vino a falar o dominjo ala festa de lamprea.
Cara de cona · 29-03-2012 a las 15:50
Non aprendin nada do pregon…..que si o bicho e feo…..que si da repelus comelo….sabor especial……todo mais visto que cascorro…..todo soso…non houbo gracia….comparado co de Carlos Blanco do ano pasado….nada de nada…calquera dia vai dar o pregon bernabé o de san xulian…jo…jo…jo…
taravelo · 29-03-2012 a las 18:20
Esto xa e a bomba, ajora resulta que se protesta polo baixo presio da lamprea, si pedro da cachopa debe de ser que so a queren comer os «ricos» coma o das jruas, mira que e simpatico o homiño
o palillo · 29-03-2012 a las 18:57
Mira cara de cona polo que vexo para ti todo o que fai o actual goberno esta mal xa se che ve ben a pluma pero mira unha cousa .Non te das de conta de que cada ves que fas un comentario sempre tes que nonbrar algen que non ten nada que ver cos do goberno ? non che importa nada dache igual quen sea con tal de goder o novo goberno ,se che digo esto e porque un dia nonbracher a un achegado meu sen comelo nin vevelo ,e agora sales co de bernabe ,daraste de conta das burradas as que me refiro.Ten coidado que a xente que as busca acabas encontrando,deixa de falar de ningun veciño e ponte ti como exenplo que o teu nome xo di todo .Referente os politicos non te das de conta que todos son iguales tanto estes coma os que marcharon .Oxala unisen os concellos cantos cartos aforrariamos ,postos no concello que son inutiles ,asi votamos a malloria do tempo na porta a fumar de vergoña.
Princo · 29-03-2012 a las 23:58
Criticar por criticar! O prezo deste ano foi barato e xusto, simplemente, e está ben asi.
E Cara de Cona, espero que nalgun momento da túa vida, aprendas o significado de «ter vergonza» e fas comentarios máis productivos. O pregón podialo dar ti, es experto en escribir sen decir nada.
papagos · 30-03-2012 a las 11:14
Sen dúbida este escrito manifesta un gran delirio de grandeza, tampouco me extraña que os xornalistas non o entendan.
Segundo o Sr Vidal Seage, só uns poucos teñen dereito a probar a lamprea porque é un ben Giffen do patrimonio etnográfico que hai que converter en Santo Grial, e o resto dos mortais temos que conformarnos cun pseudo-catering.
Considera o Sr Seage que a festa non estivo á altura do seu status, pois vostede é libre de ir onde queira pero iso non lle dá dereito a desprezar dun xeito tan clasista aos demais. No seu afán por ter un minuto de gloria, esquéceselle que a festa pagámola todos os veciños cos nosos impostos e iso danos dereito a poder comer lamprea polo menos un día, xa que cando escasea non é alcanzable a todos os petos, ninguén nos regala nada e si queremos comela na casa coas nosas familias pois comémola na casa coas nosas familias a vostede que lle importa? faltaría máis.
Quédanos moi claro o seu modelo de festa Sr Seage, segundo vostede hai que poñerlle á lamprea precio de caviar para que poida ser degustada por xente adiñeirada que son os que mellor saberan apreciala, un pregoeiro de altura que lle parece o Sr Camps, o Sr Matas ou incluso o Sr Aznar? sen dúbida ten un gran elenco no seu partido de xente máis famosa que un humilde cociñeiro da tvg, e por suposto con publicidade en todas as televisión nacionais xa que en medios escritos non ten repercusión como ben saben os que veñen do mundo da publicidade. Iso si, todo correría a cargo de todos os veciños de Pontecesures.