Traballos semanais realizados pola brigada de obras do Concello de Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

Nesta semana a brigada de obras do Concello realizou as seguintes tarefas:

1) Limpeza e desbroce na zona do peirao,  no caleixón paralelo á rúa Patifas, na rúa Víctor García, na rúa Agro do Muíño,  nos xardíns da E.D.A.R.,  no parque infantil Vicente Moure e na senda verde de acceso ó colexio entre o paso elevado e o “Miradoiro do Pino Manso”.

2) Colocación dunha caixa de contadores no depósito de bombeo da Barca.

3) Recollida do palco prestado ó Concello de Padrón con motivo do concerto benéfico en favor de Paula.

4) Reparación das avarías de augas na rúa Redondo e na rúa do Campo.

5) Colocación de plaqueta e azulexos, construción e encintado dun tabique no comedor escolar.

6) Descobrir e conectar tuberías para conexión de auga sanitaria e construción de arquetas na zona da Tarroeira.

7) Pintado das varandas do pavillón polideportivo.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.