Un sorteo ante notario designou onte aos 2.200 nenos e nenas que participarán nos campamentos de verán de A Lanzada

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os campamentos desenvolveranse en 11 quendas que se iniciarán na última semana de xuño

Por medio dun sorteo informatizado e ante notario elixíronse esta mañá aos 2.200 nenos e nenas que participarán, a partir do 24 de xuño, nos campamentos de verán de A Lanzada, que organiza a Deputación Provincial.

En total foron 4.700 as solicitudes presentadas por rapaces e rapazas de toda a provincia, o que dá mostras do gran éxito e interese que esperta entre os pontevedreses esta actividade lúdica. No transcurso do sorteo, a deputada provincial Begoña Estévez lamentou que moitos dos solicitantes non poidan acceder a unha praza e incidiu na intención da Administración provincial de tratar de aumentar cada ano as prazas para dar cobertura ao maior número posible de cativos, como o demostra o feito de que os primeiros campamentos contasen con 400 rapaces e hoxe sexan 2.200 os que poden participar nesta actividade.

Os participantes nos campamentos deste ano farano en 11 quendas, que se iniciarán o 24 de xuño e finalizarán o 8 de setembro, cunha duración de 7 días cada unha.

En cada unha das quendas participarán un total de 200 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, que durante o desenvolvemento do campamento terán ocasión de participar en excursións e distintas actividades como sendeirismo, vela, unha viaxe a Ons e outras relacionadas coa natureza e o mar.

No sorteo, que se realizou de forma electrónica, déuselle prioridade a aqueles participantes que non obtiveron praza na campaña do verán do ano pasado e tivéronse en conta outras cuestións como que os solicitantes sexan irmáns ou as prazas asignadas a cada Concello en proporción a súa poboación.

Os primeiros participantes disfrutarán do campamento de A Lanzada entre o 24 e o 30 xuño; a 2ª quenda será do 1 ao 7 xullo; a 3ª, do 8 ao 14 xullo; a 4ª, do 15 ao 21 xullo; a 5ª entre o 22 e o 28 xullo; a 6ª entre o 29 de xullo e o 4 de agosto; a 7ª entre o 5 e o 11 agosto; a 8ª, entre o 12 e o 18 agosto; a 9ª, entre o 19 e o 25 agosto; a 10ª, entre o 26 e o 1 setembro; e pecharán os campamentos os que participen na 11ª quenda, entre o 2 e o 8 setembro.

Os campamentos de verán de A Lanzada forman parte dos servizos que ofrece a Deputación Provincial para os máis cativos, e representan, tal e como salientou a deputada Begoña Estévez durante o sorteo das prazas, unha contribución para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e, tamén, supoñen unha alternativa de lecer para os nenos e nenas da provincia, que se forman así en valores sociais, humanos, deportivos e de respecto ao medio ambiente.

PÁXINA DA DEPUTACI?N PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Categorías: Educación

1 comentario

Tiroliro II · 4-05-2012 a las 17:57

Estes da dìputacion tamen son bos, venden un sorteo para os campamentos puro inmaculado, que legais, que gozada, e logo para o persoal meten os enchufados os amigos dos peperos de cada concello, que cara teñen, veredes como nunca hai sorteo para contratar xente, polo carallo

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.