Nota íntegra da ACP sobre a supresión so servizo de educación familiar.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dende o pasado 31 de marzo non se presta polo Concello de Pontecesures o servizo de educación familiar dirixido ás familias máis necesitadas e que sempre tivo unha boa acollida entre os integrantes destas familias e bastante participación. Trátase dunha actividade parcialmente subvencionada pola Xunta de Galicia e non entende a ACP como non permanece o servizo alomenos ata o remate do curso escolar. Desgraciadamente suspendeuse na época do ano en que máis se necesita.

Con esta actitude o goberno local amosa o desinterese polas familias máis desfavorecidas e incurre nuhna contradicción evidente. Moito critican os recortes noutras administracións (que si o copago no Centro Ocupacional de Saiar, que si son moito menores as cantidades para a axuda no fogar, etc…) e agora, onde teñen responsabilidades de goberno, eliminan os labores de educación familiar prexudicando aos máis débiles. ¿Estes non son recortes sociais, ou que?.

Hai uns anos, co anterior goberno, o BNG criticou a demora en poñer en marcha o servizo coa contratación dun profesional para a educación familiar no comezo dun curso escolar. Agora eles gobernan e o suprimen ao rematar o segundo trimestre do curso. Vaia dobre vara de medir.

Solicitamos ao concelleiro de servizos sociais, Roque Araújo, que explique o sucedido. Moitas proclamacións de progresismo, pero na práctica, nada de nada.

Pontecesures, 17/05/12

Luis Ángel Sabariz Rolán


4 comentarios

sobreiras · 18-05-2012 a las 19:21

Mira para o goberno, o Roque fai unha ludoteca no día de hoxe para que as mamás estean comodas na ponte que quixo o colexio, e os necesitados da educadora familiar, os pobres, os humildes, as familias de recursos mais baixos sen clases desde marzo, programa de esquerdas, vaia que si.

o palillo · 18-05-2012 a las 21:53

mira sobreiras non todos nos podemos permitir o luxo como ti dis de estar comodos por sorte alguns pais traballamos .O que vexo fatal e que estos señores do goberno do señor MARIANO RAJOY con tantos recortes que nos fai non tome medidas destes puentes parbos ,sempre nos toca os mesmos ,e outros traballamos todos os dias do ano para poder pagarlle a estes señores o que nos pide .E dirasme que estan no seu dereito nos tempos que corremos non me parece xusto ,e eso que non teño nenos na escola senon planteariame levarchos ati .REFERENTE a esas familias que nombras moitos estan asi porque non queren traballar en calquera cousa porque a xente quere postos que COBREN MOITO E TRABALLEN O MENOS POSIBLE e asi esta españa non sale mais a diante .Temos que apoiar o ombro todos non sempre os mesmos parvos.

outro · 19-05-2012 a las 07:55

Pero a ver, «o palilllo» ¿Realmente estás a votarlle a culpa a Rajoy da festividade das Letras Galegas?.

o palillo · 19-05-2012 a las 15:07

mira outro das LETRAS GALEGAS no de consentir facer estes famosos puentes ,o festivo xa e pero o dia despois e dia de traballar todo mundo non de puentes

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.