Contestación de ACP a la nota de los socialistas cesureños sobre las exclusivas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Luego de estar el punto debatido en el pleno de julio pasado al fijarse las dedicaciónes exclusivas el actual gobierno, non salen ahora los socialistas con una nota manipuladora comparando los gastos del anterior gobierno con el actual.

Ya se dijo, no sé cuantas veces, que el gobierno actual ha aumentado el gasto considerablemente. Antes, el administrativo, y tesorero del ayuntamiento, Rafael Randulfe pasó a tener una dedicación exclusiva sí (primer teniente de alcalde), pero con el mismo sueldo que tenía como funcionario. Al cobrar como político se ahorró durante cuatro años su sueldo de funcionario. Ahora hay que pagarle a los tres concejales y, de nuevo, el sueldo de funcionario al Sr. Randulfe. ¿O es que no le están pagando a este trabajador?.

En consecuencia la comparación de los costes totales globales y desglosados que tuvieron para el ayuntamiento los dos gobiernos es la siguiente:

Coste salarial de la exalcaldesa cuando cesó:

Sueldo: 2.293,67?14=32.111.38 euros
Cuota patronal de la Seg. Social: 853?12=10.243.44 euros
Total: 42.354,82 euros

Coste salarial de los tres tenientes de alcalde (Ángel Cordo, Roque Araújo y Cecilia Tarela):

Sueldos: 1.300X3X14=54.600 euros
Cuotas patronales de la Seg. Social: 483,82?3×12=17.417,52 euros
Total=72.017,82 euros

Diferencia anual de coste: 29.663,00 euros
Diferencia en 4 años: 118.652 euros

El concejal socialista Roque Araújo, continúa con su labor de dar información sesgada, manipulada y malintencionada. Esta de los costes para el ayuntamiento de las exclusivas es un buen ejemplo.

Pontecesures, 27/05/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concejal de ACP de Pontecesures


28 comentarios

piris · 27-05-2012 a las 19:44

Bonito debate o que nos espera entre os socialistas e o tránsfuga das listas municipais do PSOE. Como non sabemos quen ten a razón eu fágome dúas preguntas: Dado que o Sr. Randulfe pasou de funcionario a tenente de alcalde: quen fixo o seu traballo como funcionario?. Deixouse de facer ese traballo ou contratouse outra persoa para facelo?

charly · 27-05-2012 a las 23:25

Pontecesures
El de Cesures (3.143 habitantes) es un caso particular. Tiene el gobierno local más caro de todos, con un coste de 54.600 euros, 17,3 por vecino. Sin embargo, el regidor, Luis Álvarez Angueira (BNG), no cobra. Sí lo hace una concejala nacionalista, Cecilia Tarela, y los dos socios de gobierno del Bloque, el socialista Roque Araújo y el edil de Terra Galega, Ángel Souto. Los tres perciben un salario de 18.200 euros brutos anuales por una jornada de cinco horas diarias..
LA VOZ DE GALICIA, 03/07/11

outro · 27-05-2012 a las 23:44

Esa é a pregunta clave, Piris, se foi contratado alguén para facer o traballo do Sr. Randulfe, pregunta que penso que xa fixo alguén aquí fai tempo. A cousa está clara, non hai mais que duas respostas posibles, ou si ou non. E penso que se foi contratado alguén, Sabariz, aparte do problema da sua credibilidade, xa non debería falar nunca mais das exclusivas. E penso que se non foi contratado ninguén, o PSOE xa ten un problema de credibilidade moi serio. E que quede claro que non me refiro ó goberno tripartito, senon só o PSOE, que foi quen fixo a aclaración oportuna no Diario de Pontevedra. Sr. Sabariz, Sr. Araújo, a cousa é doada ¿Houbo contratación de alguén para o traballo do Sr. Randulfe?

Xitano · 28-05-2012 a las 09:59

Que pillín, Saba. «Coste salarial de la exalcaldesa cuando cesó:» Somos tontos ou………. Estivo 4 anos. De tódolos xeitos, chegalle. E que contratarán a outra persoa, penso que si, posto que o » Sr. Rafael Randulfe pasó a tener una dedicación exclusiva sí (primer teniente de alcalde), pero con el mismo sueldo que tenía como funcionario». Con unha salvedad, pagar pagabamos, pero o mesmo soldo como funcionario, traballando menos. Cal era o seu soldo? Cobrou coma a alcaldesa? Xa que estivo traballando por dúas persoas: Concelleiro e tesoureiro do Concello. Que máquina.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-05-2012 a las 15:14

Ya en su día expliqué que nadie fue contratado para sustituir a Rafael Randulfe como tesorero en los 4 años en los que fue 1º teniente de alcalde pues continuó con dicho cometido. Ya se dijo en el pleno hace tiempo.

Facilité los datos en función de lo que cobraba la anterior alcaldesa en el mes anterior a su cese, comparándolo con los tres sueldos actuales. Es más; aún me quedé corto pues a las bases de cotización de 1.516 euros mensuales de cada concejal (se obtiene al multiplicar el sueldo de 1.300 euros por 14 pagas y dividir el importe por los 12 meses) le apliqué el 31,90% para calcular la cuota patronal a la seguridad social (23,60% de contingencias comunes, 0,60% de formación profesional, 6,70% por cotización por desempleo y 1% de accidentes de trabajo), cuando es el 32,90% porque el porcentaje de la cotización por desempleo al ser el trabajo a tiempo parcial es un punto más, el 7,70%. O sea, lo que se paga a la seguridad social por cada uno de los tres concejales son 498.98 euros y no 483,82 como indiqué en la nota.

outro · 28-05-2012 a las 16:20

Pois no que atinxe ás exclusivas, e dende o meu punto de vista o marcador está 1-0 a prol de Sabariz.
Pero en todo isto hai algo que non remato de ver, supoño que razóns haberá, pero… se Randulfe cobraba o mesmo como funcionario que como concelleiro e se as suas tarefas eran exactamente as mesmas ¿para qué andar con cambios e con exclusivas? ¿Non sería mellor deixalo como estaba?
Igual salario e as mesmas tarefas deberían ser igual a mesmo posto de traballo. Canta leria teriamos aforrado.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-05-2012 a las 17:58

Porque é incompatible ser concelleiro e traballador (funcionario ou laboral) do mesmo concello, «outro». Por iso Rafael Randulfe pideu a excedencia por servizos especiais como funcionario como permite a normativa. Lembra que en 2003, o Sr, Randulfe renunciou a ser concelleiro para continuar como funcionario.
Tesoureiro nos pequenos concellos pode ser un funcionario, pero tamén pode ser un concelleiro. Deste xeito continuou á fronte da tesourería.

sobreiras · 28-05-2012 a las 18:57

Pero que fan estes do goberno?, mira que meter agora a Randulfe neste rollo, o contrario, debían de estar moi agradecidos a este home, porque gracias a el están cobrando os tres soles do Paraguay, o PP divideuse por non ser el o cabeza, fixo lista, e puxeronlle o goberno a estes na man, de non ser asi estarian na oposicion

manolo o do bombo · 28-05-2012 a las 20:29

DIOS acordose de nos e librounos de ese gran traballador ,que era Randulfe,que iba polo concello cando lle acordaba…

outro · 28-05-2012 a las 22:18

Pola miña banda fin do partido. As explicacións están enriba da mesa. Efectivamente todos lembramos a dimisión de Randulfe como concelleiro no 2003 por esa razón da incompatibilidade. Se alguén ten algo que dicir que o faga agora ou que cale para sempre, pero o de sumar os salarios da Sra. Castro e do Sr. Randulfe xa non cola, pero os defensores desta suma aínda poden pedir prórroga.

    papagos · 1-06-2012 a las 10:39

    Vasme permitir un pequeno matiz «outro», mintes cando dis que a frase ía entrecomiñada e en castelán, e falo en máis dunha ocasión. Ti dis que estás «bromeando» non vou dubidar da túa intención, a min dende logo non mo pareceu, e onde ti dis que hai unha «broma» eu vexo un intento de impor un criterio desprezando aos que ti chamas «defensores desta suma» en fin, curioso xeito de «bromear».

    Non vou entrar a debater todas as alusións que fas aos meus comentarios porque as nosas diferencias non interesan a ninguén, pero «papagos», «estudiante», «bngpontecesures»… quén ti queiras dáme igual, vai seguir comentando sempre que queira e o xestor da páxina llo permita, e os meus comentarios son como mínimo tan válidos coma os teus.

      outro · 1-06-2012 a las 16:14

      Teño que recoñecer que a memoria xogoume unha mala pasada. Estaba convencido de que fora así, entrecomillado e en castelán, doutro xeito non tería sentido afirmar algo que está á vista de todos que é falso. Pero penso que a frase é clara e recoñecida por todo o mundo. Se quixese mandar calar (Deus me libre) non diría que «fale agora ou…», senon que mandaría calar sen mais. Se teño que pedir disculpas por iso, pídoas sen mais, pero penso que esa interpretación é levar as cousas ó extremo. A frase «defensores desta suma» non é de ningún xeito desprezativa, como semella que interpretas ti. Entendo que hay partidarios desa suma para defender as adicacións do actual goberno e os que non o son e defenden a tesitura de que o goberno anterior era mais barato. Pero en ningún momento houbo desprezo a ninguén.
      Que os teus comentarios sexan tan válidos como os meus (ou coma os de calquera) está fora de toda dúbida, outra cousa será o valor que lle dea cadaquén, que seguro que haberá diferentes opinións según dende a banda que se vexa. E en iso estamos sempre.

Caminante · 28-05-2012 a las 23:37

Unhas preguntiñas…
Se o señor Randulfe apenas estaba un par de horas cada día no concello (nesto, defensores e atacantes, «outro», estaremos dacordo)…
Dáballe tempo a realizalo seu traballo?
Segurooo?
Alguén deixaba de facelo seu traballo para facer o do Sr. Randulfe?
Ou alguén que foi contratado para outros «menesteres» ao final tivo que adicarse a laboura que o Sr. Randulfe non realizaba?
A todo isto, sumen ademáis que compatibilizaba o seu cargo de tesoureiro co de concellal de obras…

Non fai falla rematala prórroga, houbo gol de ouro. Fin de partido.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2012 a las 00:35

Agora resulta que o que se está a xulgar e o traballo de Rafael Randulfe, con descoñecemento das funcións que tiña que realizar como funcionario ou como político, e ademais con certa desconsideración. Isto non ten lóxica e nada ten que ver cos custos que facilitei de ámbolos dous gobernos.

papagos · 29-05-2012 a las 12:17

Sr Sabaríz é vostede o que dá a información nesgada, manipulada e de forma malintencionada, claro que pensa o ladrón que todos son da mesma condición.
Diga a verdade Sr Sabaríz, este señor en situación de excedencia non podía exercer o seu traballo de funcionario como non pode ser doutro modo. Porque o que vostede oculta malintencionadamente é que este señor ademais do seu traballo como funcionario levaba as tarefas de tesoureiro. Segundo vostede como político continuou con estas tarefas, pero quén fixo o outro traballo?, porque isto si tivo un custo para o concello que vostede oculta. Aquí non hai desconsideración Sr Sabaríz non se equivoque, cando unha persoa pasa da esfera privada á pública os veciños temos dereito á transparencia non intente desviar a cuestión principal.

Por certo «outro», que ti creas a cegas no Sr Sabaríz é o teu problema pero non che dá dereito a facer calar aos demáis, ti de que vas?

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2012 a las 16:34

Nada tengo que ocultar, «papagos», y no tienes porque llamarme ladrón. Rafael Randulfe hizo su función de tesorero en los cuatro años en los que, además, fue concejal y no hubo que contratar a nadie para sustituirlo. Obviamente hubo en el ayuntamiento diverso personal en las oficinas (subvenciones de la Consellería de Traballo, subvenciones de la Diputación, etc…) que realizó cometidos diversos relacionados con la intervención, la secretaria, la tesorería y otras funciones múltiples (como ocurre siempre), pero no se a que viene decir que hubo más gasto, para tratar de justificar ahora las tres exclusivas del gobierno que tenemos.

Dejémonos de historias, los datos son los que son y nos indican que en esta época de crisis y de recortes, en Pontecesures las tres dedicaciones causan un gasto al ayuntamiento, en relación con la situación anterior, de casi 30.000 euros más al año. Eso es lo que hay

outro · 29-05-2012 a las 17:48

Caminante, podemos estar dacordo en todo ou en nada, pero xa entrar nas hora que pasa no concello cada un dos funcionarios ou dos membros da Corporación, ahí xa non, vótome fora do debate. Se é certo que «Se o señor Randulfe apenas estaba un par de horas cada día no concello» e se lle daba tempo ou non para facer o seu traballo, iso a min xa se me escapa. Do mesmo xeito que se me escapa se os tres concelleiros que perciben agora o salario por media xornada teñen tempo para facelo, pero niso non vou a entrar porque chegaríamos a un debate sen final.
Papagos, perdoa por pensar que todos mais o menos coñecemos a fórmula relixiosa «que hable ahora o que calle para siempre» que empreguei en broma para quitarlle ferro ó asunto. Entendo que non todos comulgamos co mesmo. ¿De que vou? Non vou de nada, home, absolutamente de nada. Pero xa que preguntas, vouche contestar á inversa, vouche dicir de qué non vou: non vou de estudiante nin de bngpontecesures…. anda…. home… andaaaaa…. ¿pero de qué vas ti?

    Caminante · 29-05-2012 a las 23:49

    Tes razón «outro», a todos se nos escapa sempre algo… ou aquel algo que interesa que se nos escape.
    Sorpréndeme observar o informado que se está sobre tantas, moitas e diversas «cousas», e do desinformados que estamos ou queremos estar, doutras.
    Creo, «outro», que ti máis eu non teriamos problema ningún en chegar ao fin neste debate ou noutro distinto. Non sei canto tempo nos levaría chegar a unha conclusión, pero estou seguro de que os dous iamos pasar un rato ameno e divertido. De verdade que o creo.
    Dicía Albert Eistein: «A libertade política implica a libertade de expresala opinión política que un teña, oralmente ou por escrito, e un respeto tolerante hacia calquer outra opinión individual».

Cara de cona · 29-05-2012 a las 19:21

Que cabreado anda o Roque……….o de que cobran tres e que gastase mais que antes jódelle un huevo……hai as pelas…o cholliño…..sempre o lio……porque non contan os socialistas que pasou co segundo da lista…..si…si…si…ese Rey que estaba co Roque todo o dia………agora quen o ve con el?…….nin dios….que pasaria aí con ese cargo………que conten que conten…..din que xa pasa…..din que as relacions co cabeza non existen…..cal será o motivo?……non serán as exclusivas……hum…hum….cheira mal…jo…jo…jo…

piris · 30-05-2012 a las 00:50

Respectando o dereito de todas as persoas que entran nesta páxina a opinar sobre o que considen oportuno (faltaría máis!), na miña opinión estase a desviar o tema INTENCIONADAMENTE.
No meu primeiro comentario mencionei ao Sr. Randulfe, simplemente, para preguntarme se fora contratada outra persoa para facer o seu traballo como funcionario, porque creo que aí está a CHAVE para saber a verdade do que a min me interesa: que goberno resulta máis caro aos contribuíntes o anterior ou o actual?.
? evidente que se se realizou a devandita contratación teremos que sumar o seu importe ao custo total do anterior goberno (pola contra estariamos a cometer un erro ou falsidade contable) e é evidente que empezan a aparecer indicios cando se fala de persoal de oficinas…, de labores relacionados coa intervención….(vamos, que se a avoa fuma…).
En fin, que haberá que esperar a novas.
NB: Moi bo o do poste de información no Pleno de onte. Nadie recordaba nada. Total 5.000 euros de nada.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2012 a las 01:37

Claro que se está a desviar a atención, «piris». Entrar a discutir agora sobre as funcións dos auxiliares administrativos temporais no concello para o reforzo de tarefas administrativas en xeral ou substitucións é un asunto que non conduce a nada nin antes nin agora. Que si facían, ou fan, na súa xornada tarefas relacionadas co padrón de habitantes, co arquivo, co rexistro de facturas, cos sistemas informáticos, coa contabilidade municipal, coa redacción dos documentos contables, coa atención teléfonica, cos padróns fiscais, coa redacción de documentos en xeral, co despacho das actas das sesións, co rexistro de entrada ou saída, coa elaboración de liquidacións de tributos, coa banca electrónica, cos certificados de empadroamento, etc… nada ten que ver co que estamos a tratar.
Reitero o das cifras expostas nesta entrada. Agora veñen as interpretacións dos partidarios do goberno para defender as dedicacións actuais dicindo que hai que engadir outros gastos de persoal pois Rafael Randulfe non tiña as mesmas funcións de antes, tratando de enredar o tema. Eu tamén digo (é con lóxica) que os salarios dos tres concelleiros son por un traballo de cinco horas diarias, mentres o da exalcaldesa era a tempo total é afimar, en consecuencia, que se gasta, en proporción, máis por menos tempo de traballo. En fin, interminable a discusión.

papagos · 30-05-2012 a las 10:21

Vostede Sr Sabaríz é o interesado en desviar a atención, pero só convence a un que «outro», porque as contas non cadran por moito que vostede se esforce e pretenda insultar a intelixencia dos demáis sen conseguilo, o señor en cuestión tiña unha xornada completa como traballador e deixou de cumprila como político.
E xa que o menciona, para o que facía a exalcaldesa necesitaba «tempo total»?, porque por tres horas máis de contrato cobraba 1000 euros máis. Inclúe nas súas cifras a subida de soldos do 2009?, en fin, vostede ao seu, siga mencionando tarefas administrativas…

Mira «outro», sen ánimo de polemizar entre outras cousas porque non aportamos nada ao debate e tampouco interesa a ninguén, non entendo porque insistes en mencionar a «estudiante» e «bngpontecesures», de que ían eles?, defendían ao bng?. De que van «sobreiras», «Cara de cona», «Tiruliro II»…?, do mesmo ca ti, non si?
Reflexiona sobre a frase de Einstein que aporta «Caminante», porque ti o do respecto ás opinións alleas no levas moi ben.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2012 a las 19:24

Os datos foron calculados co último salario da exalcaldesa antes do cese, «papagos». Xa sei que antes houbo os incrementos fixados para os traballadores das administracións nos anos pasados, en función do IPC, reflectidos nos orzamentos xerais do Estado de cada exercicio e logo houbo o recorte polo decreto-lei do goberno de Rodríguez Zapatero en maio de 2010.

A discusión pode ser interminable, pois, por exemplo, moita xente dí que un alcalde debe cobrar máis en exclusiva que un concelleiro liberado. Porque ten máis traballo (actos, representacións, etc..) e porque ten unha maior responsabilidade nas decisións.

outro · 30-05-2012 a las 21:14

O debate estéril elevado á máxima potencia. Agora xa non é un problema de contas, agora Papagos censura o número de horas traballadas por un funcionario reconvertido a concelleiro. A entrada falaba de cartos, pura cuestión económica en euros, pero semella que xa deixamos iso para falar das horas traballadas, que certamente tamén son cartos, pero todos sabemos (TODOS) que non era ese o debate.
Papagos, ti por moito que te esforces non vas a insultar á intelixencia. Claro que non. A min Sabariz non me convence de nada (DE NADA). El expón o que considera oportuno, igual que fas ti, e eu saco as miñas conclusións (AS MI?AS). Na cousa dos cartos das adicacións non hai mais que falar. Ti mesmo o demostras cando trasladas o debate ás horas traballadas por Randulfe. Se queres tamén podemos falar das horas que traballa o alcalde. E non me veñas con que non cobra, presentouse a unhas eleccións, gañounas e agora é el o que ten que dirixir o Concello. Non a número dous, nin os compañeiros de coalición ¿Qué che parece o debate? Xa non falamos dun funcionario reconvertido, falamos do ALCALDE.
E chego ó que mais me importa nesta entrada. Do que van Sobreiras, Cara de cona ou Tiruliro terás que preguntarllo a eles. Eu sei do que vou eu. Vou de cidadán que non está disposto a que lle pasen por riba os demócratas de salón. Estou farto desa linguaxe grandilocuente pero absolutamente carente de contido. Agora resulta que vou ser eu o que leva mal o respecto ás opinións alleas. Non ti, claro, ti sempre expresas todo o respecto do mundo ás opinións alleas… SEMPRE QUE SEXAN AS MESMAS QUE AS T?AS. Mira home, vota un ollo arriba e mira quen votou a pota co de «calar para sempre» ¿a quen mandei calar eu? Contesta a iso. Cando dis que crer a cegas a Sabariz non me da dereito a facer calar ós demais, estasme acusando directamente de ¿censurador, facha, intolerante, reaccionario, totalitario, dictador…? escolle ti, porque iso foi cousa túa. So ti poderías traducir unha expresión como esa nun intento de non deixar falar alguén. E moito ollo, que aínda nin con esas, que a broma era «QUE HABLE AHORA…o que calle para siempre» A frase ía en castelán e ademais entrecomillada, só Papagos podía extraer de ahí unha intención de censura pola miña parte ¿E por qué? Está claro, polo respecto que mostra Papagos polas opinións alleas. Como a Papagos non lle debía parecer dabondo, engadiu «¿Ti de qué vas?», toda unha demostración de respecto, tolerancia, democracia, bla bla bla… Tirar a pedra e agardar que non veña de volta.
Nos primeiros comentarios expresei as miñas dúbidas sobre se foi contratado persoal, e mesmo a razón da reconversión para facer o mesmo traballo polo mesmo salario. Sabariz dixo que non se contratou a ninguén e que tiña que facerse así en razón da incompatibilidade. Para min son explicacións válidas.
Caminante sementa dúbidas: «¿Dáballe tempo a realizalo seu traballo? Segurooo? ¿Alguén deixaba de facelo seu traballo para facer o do Sr. Randulfe? Ou alguén que foi contratado para outros ??menesteres? ao final tivo que adicarse a laboura que o Sr. Randulfe non realizaba?» Pero non afirma absolutamente nada nin ofrece proba de ningún tipo. Se en vez diso dixese que foi contratada tal persoa para a axuda domiciliaria (por dicir calquera cousa) e que esa persoa realmente fixo o traballo que deixaba de facer Randulfe, entón eu podería opinar doutro xeito. Pero non, so dúbidas vagas e inconcretas ¿E como rematamos? Matando ó mensaxeiro por empregar una frase relixiosa que ía entrecomillada e en castelán. Iso é o respecto as opinións alleas. Anda, Papagos… andaaaaaaaaaaaaa….
Caminante, non tiña pensado contestar ó teu comentario, pero xa metidos en gastos… Vou repetir aquí o que dixen da tolerancia. Citar a Einstein ou a «El Niño de la Capea» pode quedar moi ben, pero a cita non pode servir para agochar veladas acusacións ou insinuacións. Cando dixen que se me escapa se Randulfe fai ou non fai (ou facía ou non facía) o seu traballo é PORQUE SE ME ESCAPA. Se eu soupera que non o fai (ou non o facía) diríao abertamente, pero tería que ter unha constatación dos feitos que non teño. As faladurías non son mais que iso, faladurías, e diso aquí xa temos dabondo.
Penso que hai que dar a cara un pouquiñó. Se sabes algo de Randulfe referente ó seu traballo como funcionario ou como concelleiro dío abertamente, sen vaguedades. Se pensas que eu digo que «se me escapa» cando realmente teño constancia do contrario, dío abertamente. E se pensas que eu non respecto as opinións alleas, dío abertamente, pero home, no te agoches en Einstein. Fala claramente. Non empregues o truco da suxestión para despois escapar co típico «O que se pica…» (eu non me piquei, é Papagos o que me cita abertamente). E respetando ó máximo a túa opinión, Caminante, vou discrepar abertamente dela. Eu non ía pasar un rato nin o mais mínimamente ameno nin divertido debatindo nada contigo. A ti semella que che van as insinuacións, suxestións, citas e as definicións do diccionario. Eu prefiro dicir as cousas directamente tal como as sinto e coas miñas palabras, que Einstein coa súa teoría xa dixo bastante como para traelo eu tamén aquí. E con isto non quero dicir que unha forma de expresión sexa mellor que a outra, pero son moi diferentes. Por iso non me ía divertir o mais mínimo.

Caminante · 31-05-2012 a las 00:07

Vou coincidir contigo, efectivamente vanme as citas e as definicións do diccionario. As veces estas, serven para dicilas cousas directamente, pero doutro xeito, utilizando outro recurso. A ti polo que vexo, non che entusiasma. Magoa, estaba equivocado.
Para ti, non sei, pero sempre que se debate sobre algún particular ou «menester», as exposicións dos demáis son suposicións, vaguedades ou suxestións. Ti nembargantes, presumes sempre de falar ou dicilas cousas, abertamente. Pois non, «outro», non… ti como os demáis… e senón repasa os teus comentarios, por exemplo cando nsinuas que «Papagos» é «bngpontecesures» ou «estudiante»… iso que é? unha afirmación? suxestión? ou quizais unha vaguedade?
Hai cousas que, coma esta, non é preciso explicar nada. Pode quedar claro… ou non… queda á interpretación do lector. Sinceiramente, a min polo xeito de redactar, non me parecen a mesma persoa, pero claro, non deixa de ser unha suposición máis pola miña parte.
Sobre o do sr. Rabdulfe, non sei, pero se hai un horario laboral e a un traballador o vexo ou ven asiduamente fora do seu posto de traballo… teño ou teñen que estar cegos? Necesitas máis explicacións?

Para rematar unha cita, coma sempre. Amenamente, adicada:
«A nosa crítica consiste en reprochar aos demáis non telas cualidades que nos creemos ter»
Jules Renard, un escritor francés do XIX.

outro · 31-05-2012 a las 19:34

Vale, Caminante. Eu falei de quen empezou a perder o respecto. A partires dese momento entramos xa na barrena, eu incluido, pero mira con lupa os meus primeiros comentarios. Non había vaguedades nin suxestións. Un par de preguntas para Sabariz, que contestou ó meu xeito de ver de maneira convincente. ? nese preciso instante cando Papagos acúsame a min de non respectar, e todo por una frase de coña. Dime algo ¿Ti entendeches a frase entrecomillada e en castelán como un xeito de mandar calar a alguén? Non sei cal era a tua intención coa (para min sospeitosa) cita de Einstein. Todo o que ven despois… o que ti queiras, pero o grifo xa estaba aberto.
E agora venme con Renard e o que eu creo ter (ou o que ti cres que eu creo ter). E é que xa son gañas…
Contesta a iso, Camiñante, no momento de que Papagos acusoume de faltar ó respecto, con aquilo de «¿Ti de que vas?»…. ata ese momento ¿donde faltei eu?. Contesta, Camiñante, contesta.
No tema de Randulfe agora xa fas unha acusación concreta, cousa que no fixeras antes. E se cres que non é así, explicamo. Se é coma ti dis, realmente non me parece razoable que un funcionario sexa visto asiduamente na rúa no seu horario de traballo. E non sei se te referías a cando era concelleiro, o cal podería estar perfectamente xustificado ou refireste á presente lexislatura. Non estaría de mais que o aclararas (se é que o tema de debate é a xornada laboral do Sr. Randulfe).
O tema da entrada semella esgotado. Supoño que uns verán a cousa dun xeito e outros verémola diferente. Pero ninguén di abertamente que alguén fixo o traballo que deixaba de facer Randulfe. E tampouco dixo ninguén que deixase de facelo. O que si se dixo abertamente é que ahora cobran tres donde antes cobraban dous. O meu respecto polas opinións alleas é tal, que agardo que alguén veña engadir algún dato novo sobre a cuestión. E se non, entrecomillado, en castelán, negrita, suliñado e con todo o que se poida imaxinar «…que se calle para siempre»

Caminante · 31-05-2012 a las 21:33

Para rematar;
a- Sobre a frase, xa que me pides opinión, pois frase feita ( das que por certo son asiduo a utilizar), sen máis. Con poucas palabras, di moito e en ningún caso a tomei coma un falla de respecto.
b- Dacordo contigo, uns vémolo dun xeito e outros doutro distinto. Agora ben, o tema de Randulfe, para min, morre eiquí. Iso si, pensaba que estaba claro que en todo momento estabamos a falar da lexislatura anterior.

Mira «outro», todos neste medio, os que asiduamente participamos nel, nos «coñecemos». Todos sabemos de cor somos uns e de cor outros. Algún defendedes uns postulados e algunha coma min, outros diametralmente opostos. Case nunca coincidimos nas nosas apreciacións, máis ben todo o contrario. Pero iso si, creo que ningunha vez, ti e eu, nos faltamos ao respeto. Iso pola miña parte, é de agradecer. Por iso falaba nun comentario previo, de que o íamos a pasalo ben confrontando as nosas opinións, e por iso utilicei, unha cita de Einstein… pero polo que vexo non foi a máis acertada… ou a máis entendida…
Pola miña parte, The End.

outro · 31-05-2012 a las 23:16

Pois se a intención da cita de Einstein era a que dis, entre a miña desconfianza e o comentario referido a ela de Papagos quedou todo entendido o revés, así que non me queda mais que pedir disculpas pola parte que me toca neste apartado.
Con respecto a Randulfe, e douche a razón que mellor ir deixando o tema, se era referido á lexislatura anterior non vou compartir os teus/vosos argumentos, pero non pasa nada. Eu entendo que un concelleiro non ten que facer oito horas de despacho no Concello, teña ou non teña exclusiva.
E remato, en canto ó de coñercernos todos tampouco vou estar moi dacordo contigo. E agora en frío e sen quentar a boca, e deixando de lado a Papagos e a referencia que fixen ós outros dous, pódoche asegurar que hai xente que se descubre na forma de escribir. Eu non sei se Tiruliro ou Cara de cona son a mesma persona ou mesmo se son «alter ego» de Sabariz. Dende logo non o parecen. Pero se miras como pon algún a coma, saberás do que estou a falar. E podería seguir, pero baste coma exemplo.
A min podedes pensar que me coñecedes. Erro total. Pensades que son a continuación da «Claque» de Sabariz, e nada de nada. De feito non estou dacordo con algunhas cousas que fai ou di, pero case nunca me molesto en dicilas, que xa hai de sobra quen o faga. E aínda así, cando me fai falta un dato para facerme opinión fágolle a pregunta directamente. Non a acusación, a pregunta. E penso que adoita a contestar razonablemente ben, argumentando con datos. Como lle preguntei nesta entrada eses detalles da lexislatura anterior, coma dixen fai un tempo que me parecía una oposición demasiado cargante desde o primeiro momento (non sei se empreguei ese termo ou outro, pero esa era a idea), como preguntei non fai moito polos traballos anteriores do «Faiado da memoria». Como lle dixen estes mesmos días que non me parecía axeitado facerse a vítima cando o acusaron de escribir mal en galego. E coas suas respostas fago a composición de lugar, que será mais ou menos acertada, pero fundamentada na miña análise posterior, pero nunca nun Credo preestablecido.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.