O Concello de Pontecesures presentou diante da Consellería de Traballo e Benestar o Proxecto anual dos Servizos Sociais Comunitarios cun orzamento total de 277.506,66 ?.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Pontecesures solicítalle  89.279,68? á Consellería e mantén o gasto social

A Consellería comunicou ao Concello que en 2012 só prorroga o financiamento da praza de traballadora social no concepto de persoal e do correspondente á Axuda no Fogar para Dependentes  por ter menos de 20.000 habitantes.

A Programación Anual dos Servizos Sociais Comunitarios presentada para o seu financiamento ten un orzamento total, incluídas outras achegas autonómicas, de 277.993,66? e inclúe, segundo o disposto nos artigos 9 e 26 do Decreto 99/2012 os seguintes programas e servizos básicos e específicos:

A) Básicos:

a) Programa de valoración, orientación e información (sen custe específico)

b) Servizo de axuda no fogar (SAF)nas modalidades de Prestación Básica (Libre Concorrencia) e Atención á Dependencia (42.506,00?)

c) Programa básico de inserción social:

– Campamentos de verán para menores (272,00?)

– Axudas municipais de emerxencia social (3.000,00?)

d) Programa de fomento da cooperación e solidariedade social:

– Programa de Alimentos en cooperación coa Fundación Amigos de Galicia e a Cruz Vermella Pontevedra (1.500,00?)

– Acollemento familiar de menores saharauís en colaboración coa asociación Solidariedade co Pobo Saharauí (1.780,00?)

– Cooperación ao Desenvolvemento a través do Fondo Galego de Cooperación (375,00?)

En canto á prestación básica do Servizo de educación e apoio familiar, inclúese, xa que o  mesmo se prestou durante o primeiro trimestre do ano (3.236,40?)

B) Específicos:

a) De atención da primeira infancia en centros e instalacións que posibiliten a conciliación da vida laboral e familiar:

Escola Infantil Municipal 0 a 3 (163.000,00?)

b) De xestión de programas enfocados á prevención e á atención de persoas en risco de exclusión:

Proxecto de educación básica de persoas adultas (17.700,00?)

c) De atención de persoas maiores en equipamentos e servizos que faciliten a súa socia­lización activa, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal:

Proxecto de termalismo Lúdico (1.342,00?)

d) De asesoramento, atención e orientación prestada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade:

Proxecto de promoción da Igualdade de Oportunidades ente Mulleres e Homes e Prevención da violencia de xénero (11.600,00?)

Así mesmo a Programación inclúe os conceptos de Mantemento e  Traballadora Social (Persoal).

Pontecesures solicita financiamento polo importe de 89.279,68?, co seguinte detalle:

– Persoal: 16.639,88?

– Mantemento: 200,00?

– Axuda no fogar:

o Modalidade de prestación básica do Plan Concertado: 8.800,00?

o Modalidade para persoas valoradas como dependentes: 22.639,80?

– Xestión de programas: 41.000,00?

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.