Contestación de Luis Sabariz sobre o punto de información de Infesta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Aínda que no pleno do pasado 28 de maio xa indiquei que no goberno anterior pouco, ou nada, tiven que ver na xestión do Punto de Información de Infesta financiado ao 100% pola antigua ADR Ulla/Umia con sede en Caldas de Reis, unha vez obtida a correspondente información quero contestar ao goberno local de Pontecesures o seguinte:

-Aínda que a columna, co teclado e o ordenador, chegou hai moito tempo, é certo que ata rematar 2010 non se colocou o elemento na rúa Infesta. Colocouno persoal municipal e unha empresa eléctrica para preparar a conexión de telecomunicacións.

-A demora foi importante porque daquela esperabase ter unha conexión a internet sen fíos para o punto. Como non era posible, realizouse a instalación pero só da columna pois o ordenador levouse, ao parecer, á nave de obras, pois había que dotalo de contidos e dar de alta a conexión de internet .

-Chegou o cambio do goberno e estas tarefas quedaron pendentes. A exalcaldesa pregou nun par de plenos ao actual alcalde que se puxese en marcha o PIM informando de que o custo para facelo era mínimo. As peticións caíron en saco roto ata que o PP solicitou o mesmo, con cambio de situación do punto para unha zona máis próxima ao albergue de peregrinos.

-Tal foi o desinterese durante case un ano (e o descoñecemento da titularidade da instalación) por parte do goberno local, que o concelleiro Roque Araújo chegou a chamar a S.A de Xestión do Plan Xacobeo para arranxar este asunto, cando dito organismo non ten nada que ver co PIM.

-Temos coñecemento de que un dos encargado de obras do concello comprobou que o ordenador estaba hai, máis ou menos, un mes no departamento de cantería da nave/almacén municipal. Sorprendentemente agora non se atopa e descoñecemos as razóns. Esperemos que o goberno local investigue sobre esta desaparición e tome as medidas oportunas.

-? evidente que o goberno anterior non xestionou ben este asunto (e asumo a parte de culpa que me corresponda), pero os xestores actuais levan un ano gobernando, teñen tres concelleiros cobrando un salario con adicación exclusiva e teñen a obriga de rematar os traballos ou xestións que quedaron ??digamos a medias? na institución.

-Non se pode poñer desculpas, hai que traballar, hai que conquerir axudas, hai que xestionar a xestión herdada. Dicir que nun ano os integrantes do goberno nin se enteraron que a columna viña cun ordenador no seu interior e que descoñecían se estaba dentro ou fóra é de ineficaces. E iso prexudícanos a todos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


8 comentarios

VLADIMIR · 1-06-2012 a las 18:34

jojojojojo, os cabróns do pp (sempre metendo a patita) , o goberno dos tres cobradores sempre a toque de corneta… funcionan por impulsos…e sabariz desculpandose…

caja no caldeiro · 1-06-2012 a las 20:06

Faime gracia esto de goberno dos tres cobradores, pero que fan?, non son nin capaces de poñer en marcha un chintófono que leva a de dios colocado, non aparecen as cousas do concello en obras, follons cos encargados, que tropa mi vida,

VLADIMIR · 1-06-2012 a las 22:01

Pois se fai graza (que non graça)…. un HASTAG : #ogobernodostrescobradores… e a por eles que seguro facemos TT

papagos · 3-06-2012 a las 13:09

Agora resulta que das desfeitas do desgoberno anterior vai ter culpa este goberno.

Sr Sabaríz é a nota máis absurda no seu haber ata o de agora, e xa hai unhas cantas. Coma sempre vostede dos erros do seu desgoberno non sabe nada, que curioso.

Acusa a este goberno de desinterese, acaso o seu nefasto tripartito si o tivo?
Busque outra escusa, esperaban unha conexión a internet sen fíos xa vexo que non quere nomear a famosa wifi que íamos ter tódolos veciños, pero en ausencia desta púidose conectar a rede da biblioteca, porqué non se fixo?

Evidentemente foi o desgoberno anterior o que mandou levar o ordenador para a nave de obras, a quén se lle ocorre semellante torpeza?
acaso é a nave de obras o lugar adecuado para gardar un ordenador?
e dentro da nave de obras nada máis nin nada menos que ná sección de cantería, sen dúbida tiñan vostedes moito interese polas cousas e mostraron unha gran eficacia, agora sorpréndelle que non se atope.

Por suposto que este goberno ten a obriga de xestionar a «xestión herdada» como di vostede, pero a este despropósito chamalle xestión?

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-06-2012 a las 14:32

Xa din a miña opinión sobre o asunto do PIM e o goberno local leva un ano no poder. Que traballe, que consiga cousas e que manteña o que hai. Ata este intre poucos froitos, pouca xestión, sobre todo en comparación cos logros do goberno anterior. Que busquen, que investiguen o do ordenador que hai un mes foi visto por un encargado de obras.

Becquer II · 4-06-2012 a las 20:11

¡Dónde está el ordenador!
decía Gerpe indignado
para qué tanto encargado
si nos mangan lo mejor.

En el almacén, follón
para desgracia de Roque
por gobernar con el Bloque
se traga todo el «marrón».

maribel cartos · 5-06-2012 a las 17:55

De toda a entrada, quédome co de «é evidente que o goberno anterior non xestionou ben este asunto (e asumo a parte de culpa que me corresponda)».

O resto, palabrería.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-06-2012 a las 18:18

El reconocimiento de una gestión deficiente cuando hay fallos, también debe valorarse. Ahora bien; decir que todo lo demás es palabrería no es justo, «maribel cartos». O sea; después de casi un año de legislatura se da cuenta el gobierno local que el aparato colocado en Infesta lleva un ordenador en su interior, que no sabe ni donde está, que tampoco sabe quien suministró el aparato, etc…. ¿Qué demuestra eso?. Que no se preocuparon por este tema a pesar de que se trató en un par de plenos en el apartado de ruegos y preguntas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.