O cartel do albergue de peregrinos segue sen colocarse.
Logo de inaugurarse o albergue de peregrinos (que está situado a 50 metros do Camiño Portugués a caron do CPI Pontecesures) en xaneiro pasado, a ACP solicitou á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo a colocación dun cartel no propio camiño co obxecto de informar aos numerosos peregrinos da situación das instalacións e para fomentar o uso do albergue.
A S.A. do Xacobeo encargou un sinal de considerables dimensións (60×90) para instalar nun poste de 3 metros de altura, nunha empresa de Tallós-Dodro afrontando o pago da mesma e o Concello de Pontecesures comprometeuse ante o propio Xacobeo a retiralo e a colocalo no Camiño.
Pois ben; o cartel leva preparado dende o 11 de maio nas instalacións da empresa e tadavía non foi retirado. Sí foi retirado por parte do Concello de Valga o cartel do seu albergue, que tamén encargou o Xacobeo, pero non o de Pontecesures.
A demora motivou que este concelleiro preguntara pola cuestión no pleno ordinario do 28 de maio ao concelleiro Roque Araújo, pero o cartel sigue empaquetado en Tallós en lugar de estar colocado no Camiño precisamente agora cando hai tantos peregrinos que discorren polo mesmo.
A ACP quere denunciar esta desidia e pasotismo do goberno local. Estase a demostrar que non queren fomentar o uso dunha instalación conquerida e xestionada polo goberno anterior cun notable investimento por parte da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Resulta lamentable que con tres concelleiros en dedicación exclusiva nin sequera sexa xestionada a colocación dun simple sinal. Este e o xeito que teñen de potenciar a imaxe do municipio.
Pontecesures, 04/06/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
0 comentarios