Nota íntegra da ACP sobre o peche do albergue de peregrinos de Pontecesures.
No día de hoxe enviouse o seguinte escrito:
«XERENCIA DA S.A. DE XESTI?N DO XACOBEO
SANTIAGO
Dende hai máis de dez días permanece pechado este albergue cun lacónico cartel na porta que dí «Cerrado por obras. Perdonen las molestias».
Como non se aprecia que haxa movemento algún no edificio nin operarios, estou temendo que o problema teña que ver coa conexión eléctrica das instalacións e dos trámites con Gas Natural Fenosa, que retrasou a inauguración albergue no seu día e que, ao parecer, segue a causar problemas porque todavía non se realizou a alimentación eléctrica soterrada que ía ser asumida por esa institución e polo Concello de Pontecesures con financiación ao 50% segundo se anunciou.
O certo é que o albergue segue pechado e que os concelleiros da oposición non temos información do que está a ocorrir, parece un misterio. E o peor é que xurdan estas desagradables incidencias cando o paso de peregrinos polo Camiño Portugués é constante. Preguntan estes o que está a ocorrer, e se queixan porque non ten moita explicación que en pleno verán o albergue estea pechado e non o poidan utilizar polos peregrinos. Un investimento tan importante cunha deficiente xestión ata o de agora.
Polo exposto, solicítase que, canto antes, sexa solucionado o tema da alimentación electrica do albergue, para que estea operativo con toda urxencia.
Pontecesures, 29/06/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de ACP de Pontecesures»
Como se pode apreciar, os problemas da conexión eléctrica do albergue denunciados pola ACP de Pontecesures en 2011 persisten, e tanto a Xerencia do Xacobeo como o goberno local de Pontecesures están amosando unha inoperancia absoluta na xestión en todo este tema incluíndo os trámites con Gas Natural Fenosa. Todo indica que o peche non é por obras, non. ? por cuestións relacionadas coa alimentación eléctrica e iso é tamén grave pois, por enriba, non se di a verdade.
1 comentario
caja no caldeiro · 30-06-2012 a las 20:10
Outra cagada mais dunha panda de pasotas que temos gobernando en Cesures, que corten a luz do albergue, vergoñento, e para eso cobran tres persoas dos nosos cartos, nada consiguen e nin coidan o que hai, que dimitan dunha vez coño
Si ten mérito Sabariz sempre encima, por el nos enteramos das cousas do pobo, adiante denunciando e sacandolle os trapos a estos vividores