Un arco luminoso de «Boas Festas» caiu en Pontecesures.
Sobre ás 20:45 horas de onte, domingo do Carme, desplomouse na rúa Víctor García este arco que estaba apoiado na edificación da antiga Casa Castaño e no edificio de pedra da outra marxe da rúa.
Foi apartado nun principio para evitar riscos. Sobre ás 23:30 horas, cando o arco alumeaba preto do chan, foi retirado pola empresa instaladora
2 comentarios
maribel cartos · 2-07-2012 a las 17:33
Non se lle veu pola andaina, non. Polo das fotos do sábado, de pasada. O pasacalles do seu grupo aínda se está esperando… Increiblemente, non fixo acto de presencia nin nas misas nin nas procesións… eso si, aí está para dar a nota, dicir algo negativo. Eso si é espíritu constructivo e participativo…
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-07-2012 a las 18:41
Arrincácheme un sorriso, «maribel cartos», pois parece que tratas de controlar onde estou e onde non estou. Estiven nalgúns actos, máis ou menos tempo, en función das miñas prioridades, gustos e disponibilidades coma calquera veciño.
Sí quero explicar que «Algueirada» , efectivamente, non foi dar o pasarrúas o sábado 30 de xuño. Houbo un impedimento de forza maior de última hora, comunicándose a circunstancia de víspera ao concello, pedindo desculpas, e ofrecéndonos para actuar noutro evento neste ano. Tratamos na asociación de atopar unha solución pero non foi posible.