A parte lateral e traseira da biblioteca e do club xuvenil é unha «toxeira».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

? realmente lamentable o estado de abandono que presenta a contorna destes dous edificios situados na rua Raimundo García Domínguez «Borobo» de Pontecesures. Estes espazos que foran acondicionados e axardinados perante o mandato do anterior goberno a través dunha obra financiada pola Deputación Provincial e una actuación dos alumnos do obradoiro de emprego, permanecen sen coidado algún ante o desinterese do goberno local. ? realmente unha mágoa que nin sequera se manteñan os espazos de lecer que temos.

A ACP solicita que, con carácter inmediato, se limpe e acndicione toda esta zona. Non se pode seguir dando esta imaxe de desidia aos numerosos peregrinos que transitan polo Camiño Portugués da Ruta Xacobea (en plano superior discorrre o camiño), e aos veciños en xeral.


19 comentarios

Caminante · 4-08-2012 a las 18:02

«?rase un hombre a una cámara de fotografía pegado, era una cámara superlativa…»

Señor Sabariz, esta ben que controle e denuncie posibles irregularidades, pero creo que tanta exposición de «capítulos» fai que a serie se convirta nunha serie de comedia. A pregunta, sinxela: que será o seguinte en fotografiar o noso Robert Capa particular?
Escoitou algunha vez a palabra vacacións, ou a palabra desconectar, ou a palabra descansar…

acorazado · 4-08-2012 a las 20:25

Pareceme moi ben que se preocupe pola limpeza de esta zona, pero ¿porque non se preocupa de apretar alguns veciños cuias leiras estan a monte e se meten as silvas e demais vichos vivientes que nelas habitan polas ventanas das casas que estan pegadas a dita leira?¿porque non limpa o concello esas leiras e despois lle pasan a factura o dono?xa que os avisos non fan efecto, penso que esa e a solucion, o senon luuuuuuuuuuuuuume a todo e que acudan os bombeiros. Un saudo para o que se de por aludido.

ben te vexo · 4-08-2012 a las 21:10

Ben se ve, a realidade con foto ou sen foto está ahí.
Alguén, entre as autoridades, terá a responsabilidade de camiñar cos ollos abertos e poñer solución ás cousas sin agardar a que alguén proteste.
Por si non fose así:
-O muro que rodea o castro: a vexetación chega ó medio do camiño.
-Avda. de Vigo: o problema non é o valado(ningunha das fincas colindantes o precisa) sempre foi a vexetación.
-Beirarúa do Carabela: supónselle no permiso de terraza o mantela limpa.
– Choco: postes e invasión da plaza ca terraza.
– etc,etc…
Xa sabemos que non se pode facer todo, e menos á vez, pero si hai una normativa é función das autoridades que se cumpla sen agardar a que os veciños se enfronten por favoritismos e amiguismos

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-08-2012 a las 23:59

Comedia ningunha, «estudiante», abandono e desinterese do goberno local bastante. Non pidas a min que cale, pídelle aos teus que traballen, que para ese hai tres concelleiros por primeira vez en Pontecesures cobrando un salario. Estar de vacacións non é incompatible cooas obrigas do labor de concelleiro.

Princo · 5-08-2012 a las 00:56

O que non é incompatible para vostede, é estar de vacacións, e seguir metendo merda, que é a súa especialidade. Xa me gustaría velo dando solucións ás cousas, pero eso é unha utopía nunha persoa da súa categoria.

Tal é a sua obsesion, que hasta nomea aqui a un tal «estudiante», e aqui non participou ninguen con ese nome…

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-08-2012 a las 01:08

Non, «Princo», onde hai a merda e na parte lateral e traseira dos edificos da biblioteca e do club xuvenil. Claro que dou solucións, ¿sabes cal é a única?, pois que se corte a maleza e que se limpe todo este espazo. Mira que doado.
Non te enfades, porque «estudiante» e «caminante» por aí van. Lévanse moi ben.

papagos · 5-08-2012 a las 12:46

Tranquilícese Sr Sabaríz os dous auxiliares de xardinería entraron o día 1 aínda non tiveron tempo. Xa sabemos que vostede está acostumado á limpeza que había no pobo cando gobernaba cos seus colegas, sería que a que cobraba 2300 euros andaba co fouciño limpando as corredoiras?
Pena que daquela ninguén se adicase á fotografía.

Parece «Princo» que últimamente o Sr Sabaríz perde algo de fol e confúndese con facilidade a obsesión deste home co BNG e «estudiante» é manifesta, e para el todos os discrepantes somos o mesmo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-08-2012 a las 15:08

Pois de novo, «papagos», fai de voceiro gubernamental para anunciarnos que o persoal vai acometer a limpeza. Moi ben, boa nova, para iso a oposición denuncia estas cousas. Resulta lamentable o estado desa zona, incluso o outro día dúas persoas de idade que saían do centro médico achegáronse a min para comentarme que non había dereito a que todo iso, que quedara tan bonito, estivera a monte.

manolo o do bombo · 5-08-2012 a las 18:21

Como inventas ,a ti non se achegan nin os cans…

Caminante · 5-08-2012 a las 23:24

Por partes:
Estudiante fun, é verdade, pero fai moitos anos…
Este tipo de comentario basado en patéticas e absurdas suposicións, di pouco de vostede, do seu intelecto e sobre todo, da súa tolerancia hacia a opinión dos demáis.
Pero en fin, as súas enfermizas obsesións lévano a esto. Por isto, por cousas coma estas, señor Sabariz, vostede é unha persoa absurda, e que polo tanto, merece ser considerado como tal.

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-08-2012 a las 00:04

No te pongas así, «Caminante». Mira que soy tolerante en este medio, aguanto de todo y sigo para adelante. Este último comentario tuyo destila enfado, mal humor, odio…Tranquilízate, la oposición tiene que hacer su labor, tiene una función importante en la institución municipal y con llamarme absurdo, enfermo, patético y otras lindezas no arreglamos nada.

Volviendo a la entrada, esperemos que se acondicionen los terenos objeto de la denuncia. Eso es lo importante.

Princo · 6-08-2012 a las 02:01

Caminante, non te preocupes do que pense Saba..

«Cree el ladrón, que todos son de su condición»

Caminante · 6-08-2012 a las 12:03

O mellor, chegados a este punto, vai ser darlle a razón… e de paso recomendarlle a lectura e a súa correcta comprensión. Ten un grave problema.
E é verdade, resúltame absurdo, pero e ningún momento chameille nin patético nin enfermo. Creo que isto xa llo expliquei en repetidas ocasións. Pero bueno, se vostede pensa que é un enfermo e un ser patético… que quere que lle diga eu?

Cara de cona · 6-08-2012 a las 20:00

A foto impacta….que desastre….que abandono…tera que ir limpalo a Cacharra cun fouciño……asi xa non fala tanto ali…jo.,..jo…jo….

piris · 8-08-2012 a las 20:07

Pois non sería mala idea. Ademais seria unha mostra de agradecemento ao pobo que lle deu un » CHOLLINO» cando «PAPÁ» era concelleiro.

    pulga · 9-08-2012 a las 12:48

    Haber: a cacharra non é o traballo dela limpiar as herbas. O dela é a biblioteca, que por certo tiña que ter mais idea ordenando os libros. Pero bueno, ese non e o tema do día.
    O das fotos reflexa como está o pueblo, pero non é solamente ahí. Si noso amigo Saba vai polas aldeas non lle chega a bateria da camara para sacar fotos. A parte dabaixo de San Xulian da verdadeiro noxo. Como siga así imos pasar estilo tarzán. Con machetes e lianas. O medio mellor nin pensalo. E o resto das aldeas o mesmo panorama. Ca excusa de que entraron dos de xardineria, limpiaran pero pregunto eu: Colleran as desbrozadoras? porque non é traballo de cortacesped o que teñen por diante. E cando acaben o contrato outra vez o mesmo: herbas, herbas, e mais herbas. Así que Saba vai poñendo a camara a cargar que che vai facer boa falta. O paseo que fixeron os do obradoiro de empleo fai seis o sete anos non sei para que pasaron o tempo e o traballo porque nunca se coidou. (refirome á subida que vai para o colexio despois da pasarela, esa que ten bancos de pedra) E Saba cando rematou ese obradoiro estabades vos no concello e nunca mirachedes por coidar esa subida co ben que a deixaran, e os de ahora bueno, xa sabemos como coidan o pueblo. Resumindo sodes todos iguales. Vedes as cousas cando vos interesa e onde vos interesa.

Rainbow · 15-08-2012 a las 15:47

Ben falado «pulga»

Cara de cona · 15-08-2012 a las 16:42

Decia un tipo de San Xulián o outro dia……..nunca vin o pobo tan abandonado….tan sucio….tan descoidado todo…..e tamen na parte privada manda carallo….o cartel roto do Carabela….o da antiga zapateria de Santos…..o toldo roto do Bar Mambís….., o caño das augas da casa de Randulfo……a acera chea de merda frente o Carabela…..Cesures decadencia….volveu o bloque, vai todo o carallo, todo e abandono…e lios entre a xente…..ata puxeron unha bandeira independentista frente a Plazuela…..sucia….como a fachada do edificio….a xogo…jo…jo…jo

charly · 15-08-2012 a las 19:55

A verdade que nos comen a herba, casas en ruina,con vallas,esta todo bastante sucio…….non sera todo culpa do concello,….
pero si en vez de tres a cobrar, tamen limpiaran,estaria todo mas limpo.
por que digo…. eu… que carallo xestionan si a xunta non manda un peso
os poucos recursos da xunta mandallos a concellos do PP.
SE?ORES QUE CESURES TEN 7.5 kilometros cuadrados , NA. UNHA PARROQUIA DA ESTRADA limpiase en 7 dias .xestionar fanme rirr

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.