Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

A parte lateral e traseira da biblioteca e do club xuvenil é unha “toxeira”.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ã? realmente lamentable o estado de abandono que presenta a contorna destes dous edificios situados na rua Raimundo García Domínguez “Borobo” de Pontecesures. Estes espazos que foran acondicionados e axardinados perante o mandato do anterior goberno a través dunha obra financiada pola Deputación Provincial e una actuación dos alumnos do obradoiro de emprego, permanecen sen coidado algún ante o desinterese do goberno local. Ã? realmente unha mágoa que nin sequera se manteñan os espazos de lecer que temos.

A ACP solicita que, con carácter inmediato, se limpe e acndicione toda esta zona. Non se pode seguir dando esta imaxe de desidia aos numerosos peregrinos que transitan polo Camiño Portugués da Ruta Xacobea (en plano superior discorrre o camiño), e aos veciños en xeral.

Máis sobre isto

19 comentarios

  1. Caminante

    “Ã?rase un hombre a una cámara de fotografía pegado, era una cámara superlativa…”

    Señor Sabariz, esta ben que controle e denuncie posibles irregularidades, pero creo que tanta exposición de “capítulos” fai que a serie se convirta nunha serie de comedia. A pregunta, sinxela: que será o seguinte en fotografiar o noso Robert Capa particular?
    Escoitou algunha vez a palabra vacacións, ou a palabra desconectar, ou a palabra descansar…

    Responder
  2. acorazado

    Pareceme moi ben que se preocupe pola limpeza de esta zona, pero ¿porque non se preocupa de apretar alguns veciños cuias leiras estan a monte e se meten as silvas e demais vichos vivientes que nelas habitan polas ventanas das casas que estan pegadas a dita leira?¿porque non limpa o concello esas leiras e despois lle pasan a factura o dono?xa que os avisos non fan efecto, penso que esa e a solucion, o senon luuuuuuuuuuuuuume a todo e que acudan os bombeiros. Un saudo para o que se de por aludido.

    Responder
  3. ben te vexo

    Ben se ve, a realidade con foto ou sen foto está ahí.
    Alguén, entre as autoridades, terá a responsabilidade de camiñar cos ollos abertos e poñer solución ás cousas sin agardar a que alguén proteste.
    Por si non fose así:
    -O muro que rodea o castro: a vexetación chega ó medio do camiño.
    -Avda. de Vigo: o problema non é o valado(ningunha das fincas colindantes o precisa) sempre foi a vexetación.
    -Beirarúa do Carabela: supónselle no permiso de terraza o mantela limpa.
    – Choco: postes e invasión da plaza ca terraza.
    – etc,etc…
    Xa sabemos que non se pode facer todo, e menos á vez, pero si hai una normativa é función das autoridades que se cumpla sen agardar a que os veciños se enfronten por favoritismos e amiguismos

    Responder
  4. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Comedia ningunha, “estudiante”, abandono e desinterese do goberno local bastante. Non pidas a min que cale, pídelle aos teus que traballen, que para ese hai tres concelleiros por primeira vez en Pontecesures cobrando un salario. Estar de vacacións non é incompatible cooas obrigas do labor de concelleiro.

    Responder
  5. Princo

    O que non é incompatible para vostede, é estar de vacacións, e seguir metendo merda, que é a súa especialidade. Xa me gustaría velo dando solucións ás cousas, pero eso é unha utopía nunha persoa da súa categoria.

    Tal é a sua obsesion, que hasta nomea aqui a un tal “estudiante”, e aqui non participou ninguen con ese nome…

    Responder
  6. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Non, “Princo”, onde hai a merda e na parte lateral e traseira dos edificos da biblioteca e do club xuvenil. Claro que dou solucións, ¿sabes cal é a única?, pois que se corte a maleza e que se limpe todo este espazo. Mira que doado.
    Non te enfades, porque “estudiante” e “caminante” por aí van. Lévanse moi ben.

    Responder
  7. papagos

    Tranquilícese Sr Sabaríz os dous auxiliares de xardinería entraron o día 1 aínda non tiveron tempo. Xa sabemos que vostede está acostumado á limpeza que había no pobo cando gobernaba cos seus colegas, sería que a que cobraba 2300 euros andaba co fouciño limpando as corredoiras?
    Pena que daquela ninguén se adicase á fotografía.

    Parece “Princo” que últimamente o Sr Sabaríz perde algo de fol e confúndese con facilidade a obsesión deste home co BNG e “estudiante” é manifesta, e para el todos os discrepantes somos o mesmo.

    Responder
  8. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Pois de novo, “papagos”, fai de voceiro gubernamental para anunciarnos que o persoal vai acometer a limpeza. Moi ben, boa nova, para iso a oposición denuncia estas cousas. Resulta lamentable o estado desa zona, incluso o outro día dúas persoas de idade que saían do centro médico achegáronse a min para comentarme que non había dereito a que todo iso, que quedara tan bonito, estivera a monte.

    Responder
  9. manolo o do bombo

    Como inventas ,a ti non se achegan nin os cans…

    Responder
  10. Caminante

    Por partes:
    Estudiante fun, é verdade, pero fai moitos anos…
    Este tipo de comentario basado en patéticas e absurdas suposicións, di pouco de vostede, do seu intelecto e sobre todo, da súa tolerancia hacia a opinión dos demáis.
    Pero en fin, as súas enfermizas obsesións lévano a esto. Por isto, por cousas coma estas, señor Sabariz, vostede é unha persoa absurda, e que polo tanto, merece ser considerado como tal.

    Responder
  11. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    No te pongas así, “Caminante”. Mira que soy tolerante en este medio, aguanto de todo y sigo para adelante. Este último comentario tuyo destila enfado, mal humor, odio…Tranquilízate, la oposición tiene que hacer su labor, tiene una función importante en la institución municipal y con llamarme absurdo, enfermo, patético y otras lindezas no arreglamos nada.

    Volviendo a la entrada, esperemos que se acondicionen los terenos objeto de la denuncia. Eso es lo importante.

    Responder
  12. Princo

    Caminante, non te preocupes do que pense Saba..

    “Cree el ladrón, que todos son de su condición”

    Responder
  13. Caminante

    O mellor, chegados a este punto, vai ser darlle a razón… e de paso recomendarlle a lectura e a súa correcta comprensión. Ten un grave problema.
    E é verdade, resúltame absurdo, pero e ningún momento chameille nin patético nin enfermo. Creo que isto xa llo expliquei en repetidas ocasións. Pero bueno, se vostede pensa que é un enfermo e un ser patético… que quere que lle diga eu?

    Responder
  14. Cara de cona

    A foto impacta….que desastre….que abandono…tera que ir limpalo a Cacharra cun fouciño……asi xa non fala tanto ali…jo.,..jo…jo….

    Responder
  15. piris

    Pois non sería mala idea. Ademais seria unha mostra de agradecemento ao pobo que lle deu un ” CHOLLINO” cando “PAPÁ” era concelleiro.

    Responder
    1. pulga

      Haber: a cacharra non é o traballo dela limpiar as herbas. O dela é a biblioteca, que por certo tiña que ter mais idea ordenando os libros. Pero bueno, ese non e o tema do día.
      O das fotos reflexa como está o pueblo, pero non é solamente ahí. Si noso amigo Saba vai polas aldeas non lle chega a bateria da camara para sacar fotos. A parte dabaixo de San Xulian da verdadeiro noxo. Como siga así imos pasar estilo tarzán. Con machetes e lianas. O medio mellor nin pensalo. E o resto das aldeas o mesmo panorama. Ca excusa de que entraron dos de xardineria, limpiaran pero pregunto eu: Colleran as desbrozadoras? porque non é traballo de cortacesped o que teñen por diante. E cando acaben o contrato outra vez o mesmo: herbas, herbas, e mais herbas. Así que Saba vai poñendo a camara a cargar que che vai facer boa falta. O paseo que fixeron os do obradoiro de empleo fai seis o sete anos non sei para que pasaron o tempo e o traballo porque nunca se coidou. (refirome á subida que vai para o colexio despois da pasarela, esa que ten bancos de pedra) E Saba cando rematou ese obradoiro estabades vos no concello e nunca mirachedes por coidar esa subida co ben que a deixaran, e os de ahora bueno, xa sabemos como coidan o pueblo. Resumindo sodes todos iguales. Vedes as cousas cando vos interesa e onde vos interesa.

      Responder
  16. Rainbow

    Ben falado “pulga”

    Responder
  17. Cara de cona

    Decia un tipo de San Xulián o outro dia……..nunca vin o pobo tan abandonado….tan sucio….tan descoidado todo…..e tamen na parte privada manda carallo….o cartel roto do Carabela….o da antiga zapateria de Santos…..o toldo roto do Bar Mambís….., o caño das augas da casa de Randulfo……a acera chea de merda frente o Carabela…..Cesures decadencia….volveu o bloque, vai todo o carallo, todo e abandono…e lios entre a xente…..ata puxeron unha bandeira independentista frente a Plazuela…..sucia….como a fachada do edificio….a xogo…jo…jo…jo

    Responder
  18. charly

    A verdade que nos comen a herba, casas en ruina,con vallas,esta todo bastante sucio…….non sera todo culpa do concello,….
    pero si en vez de tres a cobrar, tamen limpiaran,estaria todo mas limpo.
    por que digo…. eu… que carallo xestionan si a xunta non manda un peso
    os poucos recursos da xunta mandallos a concellos do PP.
    SEÃ?ORES QUE CESURES TEN 7.5 kilometros cuadrados , NA. UNHA PARROQUIA DA ESTRADA limpiase en 7 dias .xestionar fanme rirr

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.