O toldo da praza dos Valeiros segue colocado. O goberno local pasa do tema.
O pasado 6 de agosto, o alcalde de Pontecesures, Álvarez Angueira, decretou a paralización da obra de instalación de postes na praza dos Valeiros de Porto por parte dun establecemento de hostalería por non contar con licenza municipal, logo de interesarse a oposición no pleno do 30 de xullo por estes feitos.
Non se respectou a paralización, e o sábado 11 de agosto rematou a colocación do toldo, e xa no seu día consideramos este decreto un mero paripé da primeira autoridade local.
Pois ben; co toldo xa colocado, o alcalde, con data 17/08/12 reiterou por decreto a suspensión inmediata das obras, ante os informes da policia local, dicindo que senón se respecta este novo decreto precintará as obras e os elementos auxiliares da actividade, apercibindo ademais que se hai incumprimento dará conta dos feitos ao Ministerio Fiscal.
Outro papel mollado, vemos que o alcalde volve con paripés para a galería. Reitera unha paralización coa obra terminada e coa terraza do establecemento en plena actividade.
Non entenden nin o PP nin a ACP como a actividade de terraza segue como se nada pasara, dándose a impresión de que se pretende que se vaia esquecendo a ocupación e que a instalación quede alí fixa para sempre.
Non estamos de acordo con que nunha praza cun cruceiro monumental sexa colocado un palco dende a fachada do establecemento ata o bordillo da amplia beirarrúa obrigando aos veciños a pasar polo dominio público entre as mesas e cadeiras e/ou baixo un toldo. Non vale a desculpa do goberno local de que hai que esperar polo informe de Patrimoio da Xunta. Independentemente do contido dese informe é o Concello e non Patrimonio o que ten que velar pola defensa do dominio público de todos e coa inmediatez que precisan as ocupacións destes espazos.
Tanto o PP como a ACP queremos criticar a postura do goberno local en todo este asunto, mirando para outro lado, superado pola situación, e sen autoridade ningunha na rúa. Unha completa ineficacia é a que está a percibir toda a veciñanza.
Co alcalde titular de vacacións ata o 31 de agosto, só nos queda esperar que o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de obras, Ángel Souto Cordo, tome cartas no asunto xa que é alcalde en funcións nestes días. Remotas esperanzas temos, dende logo, tendo en conta a súa xestión durante todo este tempo á fronte da concellería delegada que ten.
7 comentarios
la_hormiguilla · 23-08-2012 a las 12:14
Imos ver, parece que si non estivera alí o Cruceiro, non sería tan grave a cousa. Da igual que haia Cruceiro ou non. O que non pode ser é que este cidadán atornille un postes da súa propiedade, nunha propiedade que non é del. Que espera o concello, que vaian a denunciar os cidadáns para poñerse a mal uns cos outros?? Toca mover carta e denuncialos por non respeta-la orde. ? o que hai. Señor Angueira, Couto, Tarela, hai que mollarse. Non vos pasedes a papeleta de uns a outros como noutros casos. Si non sabedes donde queda o xulgado, dígovolo eu.
VLADIMIR · 23-08-2012 a las 15:56
parece instaurada a «OMERTÁ»… nesta vila de San Lois de Pontecesures, parroquia de San Xulián de Requeixo e distrito de «San Roque de Alejandro Bouzón»…cando alguén fai cousas como as que fixo este home a verba para designar tal é : «pericolo»; non cabe outra. ¿qué veciño ten a osadía (ou os collóns) de facere tal…. ? Pois esta actuación é de «»chulos»» , que vulneran todo o establecido, dende o respecto aos veciños pasando pola convivencia e a paz social e a obriga de acatar o disposto nas leis. Automaticamente se as cousas funcionaran como deberan, esta persoa que me parece preside a Asociación Cultural San Roque de Porto, logo desta aberrante actuación, tería que consultar cos socios e poñer o seu cargo a disposición… Non se pode presidir unha asociación de veciños e facer semellante falcatruada…. ¡¡¡ de pena !!! … ou todos imbéciles ou dito «OMERTÁ»….
palikero · 23-08-2012 a las 16:28
efetivamente VLADIMIR, nin lei do silencio, eu coido que case todos imbéciles ou pasotismo veciñal, connivencia, e jijiji, e jajaja, logo falamos dos políticos que non fan nada, e nos somos os verdadeiros consentidores,,, o do CHOCO non ten nome…. nin en «siciliano»….
outro · 23-08-2012 a las 16:57
Sabariz, por Deus bendito, é que ás veces… Vexamos. O día 17 novo decreto reiterando a paralización. Era venres. Sábado e domingo inhábiles. Haberá que notificar o decreto. Estamos a xoves, pasaron tres días, e inda por riba do mes de agosto. Entendo que a cousa non require tanta urxencia. Non é un enfermo grave. En calquera momento pódese quitar un toldo, aínda que pase un mes.
pulga · 24-08-2012 a las 09:58
Haber se vos enterades. Estades a falar do Choco, que é o puto amo de porto e como siga así do pueblo. Se eso o fixera outro xa tiña todo paralizado con sancions, denuncias, etc.. ¡ Pero si hasta metou a unha da familia a traballar no concello con puntuacions dudosas! Que estemos en Agosto non é excusa para non facer caso a un decreto. Outra cousa é que lle entregaran a notificación. E a xente do concello non teñen caracter para enfrentarse a él. Quen o vai facer, cordo?, Tarela?, Roque? JA. e Angueira?JA,JA. Este nin siquiera se ve polo pueblo, que parece que temos un alcalde fantasma. A por certo fafando de fantasmas, por se non o sabedes no mes de Agosto estamos sen municipales polas tardes. E que son tres e non se poden turnar para as vacacions. Pobriños. Así estamos.
la_hormiguilla · 24-08-2012 a las 13:34
VERGO?AAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
sobreiras · 26-08-2012 a las 01:01
A quen queren, a quen a eles lle interesa e non son da súa corda, fan o decreto e chega no mesmo día a casa, pero claro, esto non é unha urxencia.