Problemas no traslado da imaxe de San Roque a Porto o 23 de agosto. Pídense explicacións.
Todos os anos, o xoves anterior ao día grande das Festas de Porto, trasládase, ao remate da misa ordinaria da tarde, a imaxe de San Roque en procesión dende a Igrexa Parroquial de Pontecesures ata Porto.
Deste xeito, onte, 23 de agosto, sobre ás 20:50 horas saíu a procesión da Igrexa, pero ao avanzar pola rúa San Lois atopouse cuns coches de fronte que avanzaban en sentido contrario pola rúa. Detivéronse, obviamente, tanto os coches como a comitiva. Logo duns instantes de confusión, a procesión tivo de desfacerse e tanto a imaxe como os acompañantes tiveron que avanzar na rúa San Lois polas beirarrúas, deslucíndose, obviamente o desfile. Foi formada de novo a procesión máis adiante, na rúa Carlos Maside.
As manifestacións de desagrado dos acompañantes e espectadores foron bastantes xa que ninguén entendía porque non se cortaron as rúas afectadas pola procesión ao tráfico como se fixo todos os anos. Unha imaxe lamentable da vila tomada ademais por unha cámara da TVG que tomaba imaxes para un programa televisivo.
Á este concelleiro pareceulle tamén mal o sucedido, e solicita ao alcalde en funcións, Ángel Manuel Souto Cordo, una explicación pública sobre as razóns de que non se procedera aos cortes necesarios de tráfico (co operativo da Policía Local ou de Protección Civil) para posibilitar o traslado da imaxe de San Roque en procesión. ? un acto que se celebra sempre nas Festas de Porto e non se comprende como ninguén do goberno local tivo a previsión de estar atento a estes detalles xa de tradición na vila. De novo teño a impresión que estamos ante un goberno local apático, onde prima o desinterese e a desorganización entre os seus integrantes.
24/08/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.
2 comentarios
sobreiras · 26-08-2012 a las 00:40
Tamén no concerto do día 24 da banda de música programado para as oito da noito houbo incidencias. Cando a banda estaba casi preparada para empezar o concerto e o público esperando, veu un membro da comisión de festas a decirlle o director que habia que acompañar a imaxen de San Roque a igrexa por orden do cura. O director negouse en principio, pideo a presencia do Presidente da comisión, que a el non o mandaba o cura, que era a hora programada do concerto e que así o iba a facer. Cando xa probara todos os instrumentos e iba levantar a batuta para empezar, aparece a imaxe en procesión polo paso a nivel de Porto, practicamente sola. Entón o director, preguntándolle os seus músicos ¿qué facemos?, decidiron acompañar o santo, deixando plantados os espectadores, que se quedaron compostos e nin noivo. Pareceume unha absoluta falta de respeto, por parte da comisión, para os que estábamos puntuais para escoitar música.
Cara de cona · 26-08-2012 a las 18:04
O da procesion do xoves……..unha vergoña…..que protestas mi madriña….a Jarela….Pacita a Valeira….o señor Amo…..poñian podre aos do goberno……e ademais o San Roque e os da procesion foron baixo palio….si na praza de Porto….baixo o toldo do Choco….jo…jo…jo….e a primeira vez na historia……unha procesion en Cesures vai a collóns debaixo dun toldo….este do bar fai o que lle sae dos huevos….cos palcos estorbando…….papando a praza de todos……ocupa todo……goberno de cesures dimisión…….