Contestación ao goberno sobre o traslado da imaxe de San Roque a Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Logo das numerosas críticas por non cortarse ao tráfico as rúas no traslado en procesión da imaxe o pasado 23 de agosto (os coches obrigaron a desfacer a procesión na rúa San Lois), o goberno local nos sae dicindo que non houbo solicitude da Comisión de Festas de Porto para tal traslado, que non había policias locais de servizo nesa tarde, así como con acusacións contra este concelleiro, contesto o seguinte:

1. Sempre, cando tivo este concelleiro responsabilidades de goberno, foi preparado un operativo por parte de Protección Civil de Pontecesures para este traslado de véspera e así cortar as rúas para esta acto en cuestión, independentemente de se había ou non escrito da comisión.

2. Toda a poboación de Porto, e a maioría dos veciños de Pontecesures saben que a véspera do día grande das festas do San Roque de Porto a imaxe é trasladada a Porto en procesión. ? triste que o alcalde en funcións, (que leva máis de doce anos na corporación) e que ten unha dedicación exclusiva cobrando unha retribución todos os meses, non se entere de algo tan obvio. Desinterese e ineficacia total pola súa parte, pero tamén dos outros dous concelleiros que cobran (temos tres soldos na corporación).

3. Recorre o goberno local a formalismos coa comisión de festas que non van a ningunha parte, pero o certo é que ninguén do goberno local chamou á Protección Civil para que se realizase o corte de tráfico e dimos como concello un espectáculo lamentable. O cura entre os vehículos na calzada, a imaxe do santo pola beirarrúa que topou na parte superior cun cartel dun establecemento, a procesión desfeita, as queixas dos veciños alí, etc…..

Digan o que diga agora o goberno local, este foi un detalle moi negativo que non debe repetirse nunca.

Pontecesures, 27/08/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.


1 comentario

ben te vexo · 28-08-2012 a las 16:10

Ben se ve que todo funciona coma sempre: peticións dos veciños, das comisións, denuncias entre veciños e particulares…
Un governo sen governantes á espera das disputas veciñais.
Como vai amosar enfado a comisión si é verdade como din que ata o Santo pasou baixo o toldo? Agora xa ten as bendicións do concello e máis do ceo.
Tamén vexo normalisimo que a policia local teña as vacacións correspondentes, horarios e días libres propios do seu convenio( o cal descoñezo).
O que si dou por suposto é que o horario correspondente ó traballo será empregado e remunerado para tal fin, que non sei si inclue ir a garderias, ir de compras á de NIKA, ir ó banco a Padrón, charlar e botarlle un pitillo con todos os coñecidos ploa rúa, café cada media hora nos bares… claro todo isto de uniforme, con vehículo oficial, en horario laboral e remunerado.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.