Pontecesures amplía a rede wifi gratuíta.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures instalou na praza do Coche de Pedra un servizo de wifi gratuito. Para poder acceder ao mesmo é necesario un rexistro de usuario que se realiza de forma automatizada.

A instalación realízase no marco do proxecto «Repoblar» promovido pola Deputación de Pontevedra. Deste xeito colocouse unha antena que da servizo gratuito de Internet a toda a praza do Coche de Pedra e as súas inmediacións.

Deste xeito, os vecinos e veciñas de Pontecesures, a través do seu portátil ou de calquer outro aparato electrónico con acceso a Internet só teñen que buscar as redes «Repoblar» ou «Iberbanda» e conectarse.

Na primera conexión abrirase unha pantalla na que se solicita o rexistro do usuario, para o cal deberase indicar nome, número de teléfono móbil e o enderezo electrónico; inmediatamente a persoa recibe unha mensaxe de texto no móbil co nome de usuario e contraseña que deberá empregar para poder acceder a Internet.

Este novo punto de servizo de wi-fi gratuito, súmase ao xa existente no entorno da biblioteca municipal.

 

Categorías: Sin Categoria

2 comentarios

manolo o do bombo · 21-09-2012 a las 13:57

Lastima dos 40,000 euriños que gastou o anterior goberno…

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-09-2012 a las 15:23

Xa dixen moitas veces que aínda que non participei no asunto do «wifi» (achegou a Deputación 30.000 euros, por certo, do importe total) e os meus coñecementos nestes temas son moi limitados, asumo, como integrante do grupo de goberno cando se fixo o investimento, a crítica, aínda hai que dicir que nas novas tecnoloxías os avances son constantes e co sistema Repoblar da Deputación o sistema quedou un pouco obsoleto en recepción do sinal e na velocidade na transferencia de datos. Tamén hai que facer constar que no «wifi», que funcionou, non foi asumido logo o mantemento que é elemental para a continuidade do sistema.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.