Mais mans no río contra os porcos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

OS GALEGOS adoitamos a vivir coa choiva boa parte do ano, pero de seguro que todos coincidimos en calificar de traxedia o sucedido días atrás en Andalucía e Murcia. As enchentas non respetaron nada, nin sequera as vidas humanas.
Semella que eso aquí nunca sucederá, pero sen ser moi vello ??ou eso penso?? aínda lembro aqueles asolagamentos que padecía Padrón un ano sí e outro tamén. Os veciños se movían en barca polo pobo. Agora teñen un río canalizado que incluso pode presumir dunha limpeza antes do inverno. Como cambiou o conto.

E sí que cambiou. Moitos voluntarios perden horas do seu tempo libre limpando os ríos, deberían atopar só ramallada, herbas e pouco máis, pero pelexan con lavadoras, pezas de coches, neumáticos, plásticos e un feixe ben grande de porquería de todo tipo.

Está claro. Presumimos de vivir na terra dos mil ríos, hinchamos o peito para falar ben da nosa paisaxe, estamos orgullosos das nosas rías, enchemos a boca falando do mellor marisco do mundo. E despois emporcallamos os nosos ríos e os nosos mares.

O coidado do medio ambiente é cousa nosa. De ninguén máis. Os ríos habería que limpalos só da ramallada que leva a auga e non atopar cousas raras. Non pode ser. Vai en contra nosa.

A limpeza dos ríos axudará a evitar enchentas perigosas como as que se viron non hai moitos días, pero tamén son fundamentais para que os cauces cheguen cristalinos ás rías e aportar a auga dulce necesaria para que o grado de salinidade sexa perfecto para facer dos nosos mariscos os mellores do mundo.

Lamentablemente non é así. Verquidos como o acontecido en Pontecesures hai ben pouco cando unha empresa lavaba os seus camións á beira do río, ó que envorcaba a espuma, amosan ben ás claras a nosa irresponsabilidade.

Semella que estamos contentos así, que queremos ter uns ríos e unha costa chea de merda. Non hai moito a ría de Arousa recibía cerca de medio cento de verquidos diarios, moitos deles procedentes dos ríos. ¿Tan difícil será seguir o cauce e ver que tuberías van dar a donde non deben?

Claro que de ser así, ¿qué carallo ían facer os pobres voluntarios na fin de semana se donde mellor están é no río?

Se hai xustiza, aquel que tirou a lavadora debería coller unha boa cagarría cando coma ameixas ou berberechos, contaminados en boa parte por culpa da súa irresponsabilidade. Pero as cousas son como son e de momento fan falla máis mans para limpar os ríos e defendelos de tantos porcos sen escrúpulos que semellan non querer nin sequera á súa terra.

Columna «Cousas do demo». Víctor Furelos

EL CORREO GALLEGO, 07/10/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.