Un libro de Manolo Portas abre o curso do club de lectura do IES Valga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O club de lectura do IES Valga celebra mañá o acto de inauguración do curso 2012/2013. Será ás 16:30 horas na Biblioteca do instituto e responderase á cuestión “Por que nos gusta ler?”.
“A resposta a esta cuestión será expresada, a través dun abano de diferentes intervencións dos participantes no club ao longo de cinco cursos de funcionamento permanente desta iniciativa cultural, que permiteu compartir as nosas lecturas con autores como Teresa Moure, Anxo Angueira ou John Rutherford”, explican desde el centro.
Un grupo apaixoado da lectura, sobre todo, comoeza un novo curso, no que a primeira lectura será a obra de Manolo Portas “Denso recendo e salgado”. con este actor compartirán a xuntanza do club do mes de novembro.
O club de lectura convida a sumarse especialmente ás persoas interesadas, aínda que non teñan relación co IES. “A única condición é ter interese e gusto pola lectura. Imos pasalo ben e gozaremos con varias actividades.”

DIARIO DE PONTEVEDRA, 18/10/12


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.