O Concello de Pontecesures solicita os 12 traballadores para o Plan de Emprego da Deputación.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Como se indicou hai uns días a Deputación de Pontevedra asume o custo de 12 operarios en cada concello da provincia (contrato por seis meses con 25 horas á semana). O Concello de Pontecesures solicitou, ao parecer, seis peóns de obras, catro de xardinería e dous operarios de limpeza de edificios e locais.
Unha vez autorizada a petición pola Deputación, o Concello debe realizar as ofertas de desempregados que correspondan na Oficina de Emprego de Vilagarcía. Dende alí enviarán a Pontecesures unha preselección cunha listaxe de varios candidatos por praza. Corresponderá logo ao Concella a selección definitiva mediante a entrevista ou proba oportuna.
? importante que os aspirantes estean debidamente inscritos con profesión axeitada coma demandantes de emprego.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.