Maneiro confía en que o radar axude a diminuír a sinistralidade nas Cernadas.
O accidente do mércores no que perdeu a vida a veciña de Valga M.L.A., ao impactar o seu coche contra un camión, pon de novo o foco na sinistralidade dalgúns tramos ca estrada N-550 ao seu paso pola vila. As Cernadas, onde faleceu esta valguesa, é un dos puntos negros. Circunstancias como a existencia dunha curva en baixada e o abuso do acelerador por parte dalgúns conductores teñen producido neste punto (o quilómetro 90) varios accidentes graves e incluso mortais. Aínda que o sinistro desta semana semella que non estivo relacionado cunha velocidade inaxeitada, existe preocupación pola reiteración de accidentes nesta zona, na que Tráfico está a instalar un radar fixo co que controlará aos vehículos que circulen en dirección a Pontevedra. Non hai aínda data prevista para a súa entrada en servizo, confirman fontes da Subdelegación do Goberno, pero xa está colocada a carcasa, o mástil para a cámara de vixiancia e, á altura da Medela, a sinalización vertical que advirte aos condutores sobre a presenza do radar.
O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, confía en que este dispositivo axude a diminuír a sinistralidade nesta curva, limitada a setenta quilómetros por hora, xa que, tendo en conta a crise, é lóxico pensar que os conductores extremarán as precaucións para non ter que facer fronte a sancións económicas, ao marxe da perda de puntos do carné ou incluso a retirada do permiso. Foi a escasos metros desta curva onde tivo lugar o accidente do mércores, ??unha fatslidade?, en palabras de Maneiro, xa que a vítima acababa de saír dun taller e ??fixo a manobra correcta?. En lugar de cruzar unha liña continua para facer o cambio de sentido, avanzou ata unha isleta habilitada para o xiro. ??Por despiste ou por mala sorte? a condutora non se percatou da proximidade dun camión e invadiu a calzada, empotrándose contra o tráiler.
A Medela.
Ao marxe desta zona conflitiva das Cernadas, o Concello de Valga ten presentado ao Ministerio de Fomento un proxecto de mellora da seguridade vial noutro dos puntos negros da estrada N-550: A Medela, onde varias persoas perderon a vida nos últimos anos a consecuencia de accidentes de tráfico. As actuacións que propón o goberno local nesta zona, na que a calzada conta con tres carrís, inclúen a ampliación das beirarrúas, a mellora da iluminación e o pintado de pasos de peóns regulados por semáforos. Tamén propuxo o Concello a construción dunha rotonda, pero ??os técnicos non está polo labor?. A alternativa é habilitar un carril para xiros á esquerda, que serviría de acceso ao futuro polígono industrial. Bello Maneiro está á espera de reunirse en Madrid con responsables de Fomento para estudar as obras.
DIARIO DE AROUSA, 17/05/13
0 comentarios