En Pontecesures preséntanse os investimentos dúas veces.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con data 12/04/13 o goberno local de Pontecesures entregou a Asociación de Voluntarios de Protección Civil o novo vehículo de emerxencias. Investíronse casi 40.000 euros (32.000 do Fondo de Compensación Ambiental da Consellería de Presidencia e 8.000 por parte do concello). Houbo as fotografías de rigor co alcalde e os tres tenentes de alcalde a carón do vehículo no acto da entrega que foron enviadas aos medios de comunicación.

Sorprendentemente, no día de onte visitou Pontecesures o Xefe Territorial da Xunta en Pontevedra e repiteuse a escena con fotografía de presentación do novo vehículo pero agora con Cores Tourís, o alcalde e os voluntarios de Proteccion Civil.

Este concelleiro considera pouco serio o sucedido. O goberno local nin sequera coordina co resto das administracións este tipo de actos a non ser que pretenda inaugurar ou presentar dúas veces as mesmas actuacións, para disfrazar os poucos investimentos que se logran. A cidadanía xa intepreta estas cousas tan desacaradas en clave de humor ao observar que todos queren colgarse as «medallas», nunha verdadera carreira das adminsitracións para ver quen «vende» antes os logros.

Pontecesures, 28/05/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

Tiroliro II · 29-05-2013 a las 18:56

O coche presentase duas veces e o presupuesto municipal ningunha, non sabemos a que veu o fenomeno Touris, non viria cos da Brilat a pasar a nado o Ulla

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.