I Carreira de Burros en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Colocouse nas rúas hoxe o cartel desta carreira que terá lugar o sábado 6 de xullo, ás 21 horas, organizada pola A.C. Festa Rachada coa colaboración da A.C. Mirándolle os Dentes, e que terá a saída e a chegada na Plazuela.

Forma parte esta carreira das Festas do Carme 2013 e os titulares dos dez primeiros burros inscritos percibirán a cantidade de 30 ? con trofeos para os tres primeiros clasificados.

Non se permitirá ningún mal trato aos animais e os xinetes que non respecten isto serán eliminados da proba. Haberá control veterinario.

A carreira sairá da Plazuela hacia o Bar Carabela e logo percorrerase tres veces o circuito Carlos Maside/Patifas/San Lois para dirixirse logo das tres voltas á Plazuela onde tamén será a meta.

Categorías: Sin Categoria

1 comentario

Portoghes · 28-06-2013 ás 00:17

Haberá límite de participantes non? Porque como vaia todo o gando mular que pasou polo concello nos últimos tempos non vai chegar a nada a liña de saida…

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.