HOXE XOVES 4 DE XULLO, PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA CO NOVO HORARIO DE VERÁN REGRESARÁ O ANO 1925.
Hoxe xoves o programa festeiro «Palco de Estrelas», que presenta en Radio Valga 107.9 FM Daniel Seijas Llerena, ademais dos contidos habituais (concursos,chamadas en directo,axenda festeira, musica de orquestras,bandas populares, caribeña e brasileira…), fará unha «superproducción» sobre a historia das feiras do automóbil de ocasión de Pontecesures (1925,1926,1950 e 1954), sendo a primeira que houbo das súas caracteristicas en España.
Ademais a partires de agora, e durante os meses de xullo e agosto, tódolos xoves o programa adianta a súa hora emisión ás 19 horas, ou sexa no horario que sempre tivo ata setembro do ano pasado.
Recorden que agora radio Valga pode escoitarse por internet :
– http://www.raddios.com/4322-radio-valga,
ou na propia web : www.radiovalga.net
Tamén disponse dunha aplicación gratuita propia para escoitar nos teléfonos móbiles, en google play buscando a palabra radio valga.
0 comentarios