Para a ACP a ximnasia de adultos dependente do Concello de Pontecesures en clara decadencia.
Outra das actividades que ía a máis cada día coa xestión do goberno anterior marcha en picado. En esta ocasión é a da ximnasia de adultos. A ACP xa anunciou en varias ocasións que as decisións que ía tomando o goberno local conducían ao fracaso a esta actividade e, desgrazadamente, acertou de cheo.
No curso 2011/2012, no que había unha gran profesional á fronte da actividade que levaba anos contratada, tentouse rematar a actividade o 30 de abril de 2012 coas conseguintes queixas das usuarias. Prescindiuse para o curso 2012/2013 desta monitora e pasouse a unha confusa privatización do servizo cunha empresa con ánimo de lucro á que lle deixou gratuitamente o goberno local ás instalacións públicas e os materiais de todos permitíndolle cobrar ás usuarias directamente uns prezos fixados unilateralmente pola empresa pasando das cantidades previstas nas ordenanzas fiscais municipais que son máis baixos. Xa no seu día isto foi considerado como unha situación irregular dándose a circunstancia ademais de que non se promoveu a concorrencia para seleccionar á empresa en cuestión. Ademais, no derradeiro trimestre de 2013 houbo algunhas incidencias negativas ao facerse en horario de clases unha serie de chamamamentos para colaborar, a modo de voluntariado, en diversas actividades promovidas polo goberno local, algo que foi moi criticado por algunhas usuarias e por esta formación política e que causou xa un «goteo» de abandonos durante o curso ao tratar de mesturarse a ximnasia coa xestión do grupo gubernamental.
Para esta tempada 2013/2014 a mesma empresa do curso anterior está a fronte da actividade anunciando hai pouco o concello un convenio con dita empresa. Pois ben; de haber dous grupos completos ás 20 e ás 21 horas dos martes e os xoves e incluso unha listaxe de espera polo exceso de inscricións, como en moitos anos anteriores, temos este curso un grupo só, (o das 21 horas) por falla de asistentes.
Así van as cousas no noso concello. Os nosos veciños están a acodir en bo número ás actividades ximnásticas desenvolvidas noutros municipios limítrofes. ¿Cales son as razóns?. Pois as expostas, e tamén o non contar con aparellos para os exercicios. O goberno anterior preparou un espazo magnífico no anexo do pavillón para esta actividade, e para a colocación dos aparellos deixou tramitada unha solicitude de subvención xa que estaba recente o remate das obras de acondicionamento, pero este goberno abandonou a idea a pouco de chegar. Agora nos lamentamos de non ter unha oferta atractiva para o desenvolvemento destas actividades promovidas polo concello que, coas decisións do executivo de Pontecesures, van francamente á deriva.
2 comentarios
paxarola · 16-10-2013 a las 19:32
Todo esto da ximansia era visto, teño unha parienta que iba o ano pasado e agora vai a Padrón on unha chea de xente de Cesures, segun di eran moi malas as clases e habia discusions, aínda alaban a Sandra a monitora de antes que era de Catoira
Tiroliro II · 18-10-2013 a las 19:19
Fuxiron a estampida moitas mulleres para facer ximnasia en Padron, o Roque de deportes escarallou a actividade, habia mais de 50 mullleres e agora vintepico o do psoe privatizando e facendo o contrario do que din outros do partido, e para esta decadencia en todo cobran tres do goberno,