O Belén en Movemento atrae a milleiros de persoas ao local social de Campaña.
Tal e como era de agardar, o Belén Artesanal en Movemento converteuse na maior atracción da comarca e xa son milleiros as persoas que se achegaron ao local social de Campaña para visitar esta Festa de Interese Turístico de Galicia. As longas ringleiras de xente esperando para entrar son habituais, sobre todo, os domingos e festivos.
O nacemento pódese visitar de luns a venres de 17:30 a 20:30 horas, os sábados de 17:30 a 20:30 horas e os domingos e festivos de 12:00 a 14:00 e de 17 a 20:30 horas.
Os mesmísimos Magos de Oriente tamén acudirán a ver alí ao Neno Xesús na tarde do 6 de xaneiro, onde serán recibidos polo alcalde.
Diario de Pontevedra
0 comentarios