O luns, 27 de xaneiro, pleno ordinario en Pontecesures.

Publicado por Redacción en

Será ás 20:30 horas no Salón de Sesións da Casa do Concello, coa seguinte Orde do Día:

1. Actas anteriores.

2. Moción que presentan os concelleiros do BNG e do PSdeG-PSOE do Concello de Pontecesures por mor do Anteproxecto de Lei Orgánica polo que o Goberno de España pretende revisar a lexislación vixente sobre saúde sexual e reproductiva e interrupción voluntaria do embarazo.

3. Ordenanza municipal reguladora da venda ambulante en mercados periódicos no Concello de Pontecesures.

4. Informe de morosidade 3ª trimestre. Dar conta.

5. Informe de morosidade 4º trimestre. Dar conta.

6. Resolucións da alcaldía. Dar conta.

7. Informes da presidencia.

8. Rogos e preguntas.

Dende ACP facemos un chamamento aos veciños para que asistan ao pleno. Sempre é importante coñecer de primeria man os asuntos municipais. Interesan a todos.

Lus Ángel Sabariz Rolán

Concelleiro da ACP Pontecesures

 


2 comentarios

manolo o do bombo · 26-01-2014 a las 17:57

Cando se debateo ó problema da casa de ACP bexo que non dixetes que era importante que acudiran os veciños,moito acudir os veciños ,pero en ese caso olvidaches ja..ja que cuquiño eres…

Tiroliro II · 29-01-2014 a las 19:01

Pero manolo Sabariz dou moitas explicacions do da casa, foi ademas a Tv Salnés para tratar o tema co alcalde, o cagado foi Angueira que non se presentou ali a falar no plató, e explicou saba soliño o que pasou, en que quedamos, que mais queres manolo?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.