Nace un vermú en Padrón cen por cen autóctono que aúna historia e saberes.

Publicado por Redacción o

Nace baixo a premisa da defensa da terra, da cultura e dos saberes ancestrais, coa pretensión de contribuir a expandir o selo de identidade dunha terra, a de Iria en particular, e a galega, en xeral. Alomenos esa é a filosofía coa que parte Vermutería de Galicia, unha empresa creada por cinco socios, todos eles galegos, na súa mayoría de Padrón, que lanzará o sábado un vermú 100% galego con alma histórica: St. Petroni.

Según a firma, este producto “será pioneiro en Galicia e a nivel internacional, posto que se fai coa variedade da uva albariña procedente dos viñedos do Pazo da Arretén; o que da un carácter único”. A bebida espiritosa, que se presenta nun envase moi coidado estéticamente e cunha vertente didáctico-cultural, está elaborada a partir de técnicas de vinificación ancestrais “de elaboración do mellor albariño sobre lías, da recuperación da pranta máxica, o asenté, e da sabiduría dos devanceiros e das súas técnicas de maceración”.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.