Dezaseis dornas honraron a Rosalía cun percorrido dende Valga a Padrón.

Publicado por Redacción o

dornas2

Un total de dezaseis dornas participaron onte na segunda edición da remontada do Ulla organizada pola Fundación Rosalía de Castro e pola Asociación Cultural Dorna da Arousa. Baixo o título Que inchadiña branca vela, as embarcacións conmemoraron este verso da poetisa do Sar na súa publicación Cantares gallegos.

O percorrido desta singular ruta deu comezo no lugar de Vilarello, no municipio de Valga, dende onde navegaron polas augas do río Ulla até o Paseo do Espolón, na capital do Sar. As dezaseis dornas participantes nesta iniciativa procedían tanto da Illa de Arousa coma do Grove.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.