O BNG padronés ve na falla de parquin a crise do comercio.

Publicado por Redacción o

O edil Santaló impulsou unha xornada a prol das vendas locais e contra as grandes áreas.

O BNG da comarca compostelá, co voceiro da formación en Padrón, Xoán Santaló, á fronte, ven de tomar a rúa a prol do comercio local e os mercados tradicionais, aproveitando para demandar máis aparcadorio na capital do Sar, tras-las queixas recollidas polos empresarios.

Este concelleiro suliña que a crise do comercio tradicional e o declive da praza “foi unha observación constante dos comerciantes e praceiros padroneses, que a achacan en boa medida ás dificultades para o aparcadoiro dos clientes e a falta dun transporte público eficaz”. Deste xeito, unha das comerciantes locais apuntaba, referíndose a baixada da afluencia dominical, que “toda a xente que falta estache nas cancelas, que alí van en coche e non teñen que pagar aparcamento”. E, a xuizo dos nacionalistas, o problema do aparcamento segue a ser o factor de estrangulamento do comercio padronés: “Para o BNG garantir transporte público e áreas de aparcamento libre é absolutamente fundamental para a supervivencia do comercio padronés”, indicaba Santaló a este diario.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.