A ACP denuncia que o goberno local de Pontecesures perde axudas da Rede Natura por non solicitalas.
O municipio de Pontecesures ten 9,04 hectáreas incluídas na Rede Natura 2000 (fundamentalmente a lámina de auga do Río Ulla e unha das marxes do mesmo) e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicou o 07/08/14 unha orde sobre concesión de axudas 2014/2015 aos concellos incluídos en dita Rede Natura para actuacións nela (axudas ao 100% do investimento cun máximo de 20.000 euros por concello).
Pois ben, no DOG de anteonte publícase a resolución coa concesión das axudas aos concellos e así como a Catoira e Valga se lles conceden axudas por 19.955 e 20.000 euros, respectivamente, Pontecesures non aparece na relación.
Con sorpresa e indignación comprobamos que a razón de que a Pontecesures non se lle concedera axuda algunha foi porque o goberno local que padecemos nin presentou a solicitude. O sexa, coas necesidades que temos non solicitan unha axuda para actuar na zona da Rede Natura para a que non hai que achegar nin un só euro de fondos municipais. Permiten así que se perdan uns cartos amosando unha xestión realmente lamentable por parte dun goberno coa metade dos seus integrantes cobrando unha adicación exclusiva todos os meses.
Puderonse solicitar por exemplo, actuacións na ribeira do río, nos seus sendeiros, para preservar o hábitat ou o ecosistema natural. Tamén arranxar a problemática que presentan determinadas canalizacións que verten ao río, pero, na práctica, non se fixo nada por parte dun goberno que despois afirma que se preocupa polo medio ambiente.
En fin outro fracaso máis de xestión seguindo a tónica do ocorrido nestes catro anos.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
4 comentarios
Mary Luz · 12-02-2015 a las 18:12
Que vergonza non pedir as subvencións, donde estan os ecoloxistas?, eses do bloque que falan seguido do medio ambiente?, donde está o Roque que tanto falaba de limpar o rio?, goberno escandaloso, vagos e nin len as bases das axudas, sempre temos que enterarnos polo Saba destas cagadas, abrelle os ollos a xente,
outra mais, e vomitivo ver ao Souto co escudo de Terras Gallegas facer campaña nas redes sociais a gran velocidade cas obras de chapapote que lle da a Diputación, pensa que imos crer que todo e gracias a el, pois vai de cú, cree que vai conseguir catro votiños, e o peor concellal de obras que houbo, a traballar que en maio se acaba o sueldo do concello
birmano · 12-02-2015 a las 20:17
¿Para qué han de pedir las ayudas de la Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras a Concellos incluídos en la Red Natura 2000, si precisamente esa zona donde se podría invertir el dinero de la subvención (Sistema fluvial Ulla-Deza declarado LIC ) está afectada por los diversos proyectos de variantes a la N-550 (Padrón-Valga) del Ministerio de Fomento? ¿A qué jugamos?
Luis Sabariz · 13-02-2015 a las 08:46
Non xustifiquemos a desidia dun goberno con este tipo de argumentos. ¿Que terá que ver o estudo da variante da N-550 con actuacións subvencionadas en Pontecesures na marxe do Rio Ulla incluída na Rede Natura 2000?. Con ver os planos do estudo xa queda claro o que expoño. Reitero que é un fracaso grave de xestión e isto ocasionou unha perda de ata 20.000 euros para levar a cabo unha actuación importante.
Piñeiro · 14-02-2015 a las 11:16
Sabariz non te mates, estos do goberno nin se enteraron da que habia axudas, dis que saliron en agosto, estaban de vacacións homiño, por suposto hubo que pagarlles o sueldo igual, que trosmas