Decepción: O Concello de Pontecesures non solicita unha escola obradoiro.
Con decepción coñece esta agrupación de que o noso concello non está incluído nos que solicitaron escolas obradoiros ao abeiro da Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 21 de xaneiro de 2015 (DOG do 21/01/15). Tampouco o fixo en 2014 feito que foi moi criticado por esta agrupación.
En base ao número de desempregados o Concello de Pontecesures non podía solicitar a escola obradoiro só, senón que tiña que facelo xunto con outro ou outros da zona (por exemplo sí o fixeron conxuntamente Valga, Cuntis e Moraña). Pero o goberno local de Pontecesures, coa pasividad habitual nestes case tres anos que levamos de mandato, non xestionou a solicitude con outros concellos e un ano máis nos quedamos sen obradoiro de emprego. Non se traballa, non hai ilusión, non hai xestión, nin sequera se tenta conquerir as axudas doutras administracións. A desidia, dende logo, e a característica destes catros anos.
Con tantos desempregados que temos, xoves como maiores, resulta triste o sucedido. Moito falar as forzas que integran o goberno que ían adoptar medidas para paliar o desemprego e agora atopámonos con isto. Moito criticar a xestión do goberno anterior (por certo, no período 2007/2011 sí houbo un obradoiro de emprego), cando agora temos un goberno totalmente ineficaz. A única medida a prol do emprego do actual goberno foi retribuirse a eles mesmos coa adicación exclusiva de tres dos seus membros por primeira vez na historia de Pontecesures. Moitos non entendemos para que, pero advertimos que os tres tenentes de alcalde que cobran as exclusivas van encabezar listas electorais para os comicios de maio. Intuimos que van tratar de seguir cobrando outros catro anos máis.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
1 comentario
Agrasar · 26-03-2015 a las 18:54
esto e o colmo da vagancia, no concello non presentan os papeles para ter un obradoiro que podía dar traballo a moita xente que non ten nada, pido que non se lles vote os que mandan en maio nas eleccions, a xente tense que dar conta que levaron ao concello a non facer nada nestes catro anos, os castigos son metendo outras papeletas nas urnas, estes tres xa cobraron bastante