Finou o pai do concelleiro nacionalista Arturo Ferro.

Publicado por Redacción o

Aos 79 anos de idade morreu hoxe o veciño de Extramundi, Egidio Ferro Carbia, casado con Ramona González Martinez, e pai do concelleiro de Pontecesures e integrante do goberno municipal, Arturo Ferro González (BNG).
O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá martes 31 de marzo, ás 16:30 horas celebrarase a misa funeral na Igrexa de Padrón. De seguido, os restos mortais recibirán sepultura no cemiterio municipal do Santiaguiño.
Descanse en paz.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.