A ACP satisfeita polo arranxo da rotonda da Tarroeira.

Publicado por Redacción en

20150407_160008

No día de hoxe Fomento está unha importante obra de seguridade na rotonda da Tarroeira (N-550) no límite dos termos municipais de Valga e Pontecesures. Está obra era moi demandada pola cidadanía e aínda que se anunciou hai tempo pola Unidad de Estradas do Estado na provincia de Pontevedra non foi posible realizala ata agora por razóns climatolóxicas.

Estase a modificar algo a rasante do firme para botar logo un pavimento máis adherente. Este era un punto moi perigoso con frecuentes saídas de vehículos na calzada sobre todo ao baixar de Valga en dirección Pontecesures despois de atravesar o cambio de rasante.

Espérase que a obra remate xa na tarde de hoxe, para non causar máis retencións.

A ACP quere agradecer a actuación á Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra corrixindo unha deficiencia tan importante.

Pontecesures, 07/04/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.