Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

TAPEALAMPREA 2016 PONTECESURES.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

tapea lamprea2016cartelbx

2ª Ruta de tapas de lamprea polos establecementos hostaleiros de Pontecesures.

O prezo da tapa é de 2 â?¬. Os clientes teñen a súa disposción, nos diferentes locais, unha cartilla na que poden selar os establecementos nos que degustaran a tapa, e votar cal é a súa tapa preferida.

A partir de 3 selos, poden depositar a cartilla nas urnas dispostas en cada un dos establecementos, e participar no sorteo de tres cheques-regalo por valor de 50, 30 e 20 euros, a empregar no comecio de Pontecesures.

HORARIO: Venres 4 de marzo de 19.00 a 23.00 horas. Sábado 5 e Domingo 6 de marzo de 12.00 a 15.00 horas e de 19.00 a 23.00 horas.

PREZO DA TAPA: 2 â?¬

Este ano, como novidade, deseñouse una aplicación informática para que dende os smartphones e outros dispositivos dixitais se poida acceder para saber a ubicación dos locais, fotografías e descricións das tapasâ?¦etc. Simplemente con ter instalado no smartphone un lector de códigos QR pódese acceder á app â??Quedamos de Tapasâ?�. O Tapealamprea estará activo nesta app a partir do 4 de marzo.

No seguinte enlace pódese descargar a cartilla onde aparecen o listado de establecementos hostaleiros que participan e o nome das tapas que van a servir:

Cartilla Tapealamprea 2016

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.