Destacan o papel de Borobó nunha homenaxe en Cesures.

Publicado por Redacción en

Unha ofrenda floral e unha placa lembran o centenario da sua data // Foi director de ??La Noche?? y de EL CORREO.

O papel do escritor e xornalista galeguista Raimundo García Rodríguez, Borobó, quen fora director de EL CORREO GALLEGO e do seu diario irmán La Noche, un dos xornais de maior influencia en Galicia, dende o que contribuiu ó resurdimento do idioma galego e onde publicou os seus famosos Anacos, foi posto en valor onte nun entrañable e sinxelo acto que tivo lugar no seu concello natal de Pontecesures (Pontevedra) con motivo do centenario do seu nacemento.
Toda-las persoas que participaron no acto conmemorativo no cemiterio parroquial de San Xulián, destacaron a súa valía e o seu compromiso coa terra, tanto dende a súa faceta como escritor como no día a día do xornalismo, xa que Borobó foi un mestre para moitos deles.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi un dos que participaron onte ao mediodía en Pontecesures na conmemoración do centenario do nacemento de Borobó, falecido en 2003, nun acto promovido polo concello pontevedrés que dirixe Juan Manuel Vidal Seage, que onte estivo acompañado por representantes de diversas institucións culturais coma o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, xornalistas coma Xosé María García Palmeiro e Luis Menéndez, e moitos familiares e amigos de Borobó.
O acto, organizado en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, sirveu para lembrar a figura deste referente inexcusable do mellor periodismo galego durante décadas.
O cemiterio parroquial de San Xulián, onde repousan os seus restos, foi o primeiro punto de encontro dos asistentes ó acto, que realizaron unha ofrenda floral no camposanto, antes de que a comitiva se dirixira a casa natal do xornalista, na rúa Portarraxoi, 28, onde se descubreu unha placa conmemorativa posta polo Concello de Pontecesures, localidade que conta cunha rúa co nome do xornalista, en lembraza dunha das figuras máis destacadas do xornalismo e da cultura da Galicia da segunda metade do seculo XX.
Fillo Predilecto de Pontecesures e Medalla Castelao 1996, Borobó foi ??un defensor das libertades, unha voz crítica nun ambente claramente hostil?.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.