Duras críticas do BNG de Pontecesures pola destrución de libros da Biblioteca Municipal.

Publicado por Redacción en

dicci

Sabemos que a cultura é algo que lle da exactamente igual ó actual equipo de goberno.
O concelleiro de cultura nin está nin se lle espera, alomenos esa é a impresión que nos causa a inexistente actividade cultural nestes meses de goberno a tres
O grave é que, fai quince días, atopámonos con esta imaxe na entrada da Biblioteca Municipal. Numerosos libros, dos cales unha parte importante deles eran dicionarios, amoreados na porta da institución cultural municipal. Preguntarédevos ¿para qué?, pois agardando a que chegara o camión do lixo que recolle o cartón e proceder á súa destrución.
Preguntamos ó señor alcalde cal era a razón que os levaba a destruir estos libros, a destruir cultura; a resposta, na súa liña «NON TE?O NIN IDEA DE ESTO», ningún membro do equipo de goberno, incluido o concelleiro de cultura, foi quen de dar unha resposta a por qué se tiran libros que poden ser doados a institucións, ong ou persoas que non poden facer fronte á súa adquisición, sobre todo no caso dos dicionaros xa que, o vocabulario está cheo de verbas que non precisan actualización


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.