O BNG de Pontecesures critica a postura do goberno municipal sobre a RPT.

Publicado por Redacción o

Unha das preguntas que o BNG formulou no pleno do pasado luns, cobra hoxe máis actualidade que nunca: ¿en qué fase de elaboración atópase a RPT dos traballadores do Concello?
As respostas do señor Seage foron, como tende a ser habitual, evasivas. Ante a insistencia das nosas concellerias, respondeu que a RPT atopábase “en fase de recollida de datos (sic)”; que sería unha elaboración “a lume lento” xa que o alcalde entende que “o pucheiro non se queima”. Ante a pregunta do BNG de se habería unha subida xeneralizada para TODOS OS TRABALLADORES, Seage respondeu que non; él e o seu equipo de goberno entenden que non todos os traballadores precisan subida salarial e tildou a RPT elaborada polo equipo de goberno anterior (aprobada na mesa de negociación) de “delirio (sic)”. ? curioso que o alcalde cobre 1,200 euros por cinco horas de traballo e considere que os traballadores municipais non merecen unha subida salarial, cando hai soldos que rozan o esperpento
A recollida de datos debeu rematar ó finalizar o pleno xa que, o martes, o alcalde reúnese cos traballadores para propoñerlle unha nova RPT só para os funcionarios e o persoal fixo do concello, 8 persoas en total, excluindo ás 18 persoas restantes que realizan as súas funcións nas instalacións municipais
Os traballadores municipais síntense enganados e utilizados. Non é para menos; lembremos que o abandono de TEGA do anterior equipo de goberno foi achacada por Cordo e Janeiro á falta de coñecemento da RPT, dando a entender Cordo no pleno no que se pretendía aprobar dita RPT que votaba en contra por non ter tempo para estudala a fondo; a mesma postura foi defendida polo resto de integrantes do actual equipo de goberno. Agora queda claro que non era máis que unha excusa para non votar a favor, pretendendo elaborar unha relación de postos de traballo excluinte e que deixa no aire a posibilidade de privatizar determinados servizos. Somos conscientes de a que leva esto: precariedade e perda de calidade de vida, políticas de sobra coñecidas polo PP e acólitos, polos señores Seage, Cordo, Castro e compañía.
Os traballadores do Concello contan co apoio do BNG de Pontecesures en futuras mobilizacións e nas accións de protesta que decidan levar a cabo.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.