Touriño e Piñeiro arrincan con triunfo a Copa de España, e Miguéns é segundo.
A primeira das catro probas da Copa de España de Mushing en Terra 2016/17 arrincou cos referentes do Kennel Den de Catoira postulándose para sendos títulos de canicrós. ? o caso da vikinga Mónica Touriño e do seu compañeiro Nepal, e do vigués ?scar Piñeiro con Argos, vencedores nas categorías sénior feminina e masculina. E tamén do pontecesureño José Miguéns, segundo júnior con Sultán da cita disputada na praia fluvial do río Liñares, na Estrada. Sobre un circuito de 6,2 quilómetros considerado un dos mellores a nivel español para a práctica do mushing.
Entre o resultados colleitados polo Kennel Den sobresaen tamén o segundo posto de ?scar Piñeiro en triciclo con catro cans, na que era a estrea do club na modalidade, competindo con Roni, con Eire, con Tíbet e con Tai. Tamén houbo sextas prazas para Touriño en patín, xunto con Caramelo e con Fly, para Kiko Martínez con Polo en canicrós veterán, e para Anxo Martínez con Vento en canicrós veterán M50.
Noutra orde de cousas, José Miguéns e Sultán recibían a pasada fin de semana o recoñecemento do seu Concello, Pontecesures, nunha recepción oficial do goberno local polo seu recente bronce na categoría xuvenil de canicrós do Campionato de Europa.
La Voz de Galicia
0 comentarios